1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 19-05-2013 19:58

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Congresso Democrático das Alternativas en Portugal

Despois do éxito das mobilizacións en Portugal contra o recorte nos salarios decretado polo goberno de Passos Coelho, que esta fin de semana vén de dar un paso atrás se cadra alarmado pola adversidade radical das enquisas electorais, parece chegado o momento da sociedade civil. É neste contexto que nace o Congresso Democrático das Alternativas.

Ler máis...

Último asalto de Novartis contra a farmacia dos pobres

Arrinca a vista da multinacional farmacolóxica para tumbar o sistema de xenéricos que abastece á maioría dos pacientes dos países con escasos recursos económicos, no Tribunal Supremo da India. 

Ler máis...

''Que cren que pasará cando haxa xente con tuberculose sen tratar?''

 Médicos Sen Fronteiras presenta en Galiza o proxecto musical e documental ‘Positive Generation, voces por un futuro sin sida’, realizado en Zimbabue. A súa impulsora, a doutora Paula Farias, analiza como ameazan a saúde os diferentes recortes. "Que pasará se a xente vai por España cunha tuberculose sen tratar?"

Ler máis...

Mufest consolídase como 1 dos 3 festivais de cine de muller no Estado

En todo o mundo, existen 54 festivais de cine de mulleres, dos cales o 46% celébranse nos Estados Unidos, 14 en Europa e concretamente en España, só 3. O Mufest, que todos os anos organiza Andaina en Compostela, e que en febreiro chegou á terceira edición, consolídase no panorama internacional como unha cita clave para exhibir, promocionar, debater e reflexionar sobre un sector no que  só o 8% dos directores de cine son mulleres e só o 20% dos guións e dirección de traballos de produción están a cargo de mulleres.

Ler máis...

''Facer churros como Berlusconi non me interesa''

Manuel Outeirño fala nesta entrevista sobre o seu último traballo, unha compilación de traducións baixo o nome Globalización e imperialismo cultural. Recóllense neste libro unha lista de autores que ofrecen a súa visión sobre o fenómeno da golbalización e as súas consecuencias sobre o desenvolvemento da vida cotiá das persoas e das nacións. Unha entrevista breve pero que aclara algúns dos puntos fundamentais dese fenómeno transfronteirizo e de cales poden ser as súas consecuencias.

Ler máis...

”Morenés asesorou a venda de bombas de racimo a Gadafi”

O Ministro de Defensa traballaba para empresas que fabricaban armas controvertidas. A industria estatal é financiada polos bancos e ten por cliente ao goberno. A hipocrisía que rodea este lucrativo negocio en España é contrastada neste artigo de Marga Tojo co activismo de críticos como o fotógrafo Gervasio Sánchez ou organizacións como o Centre d'Estudis per a la Pau JM Delàs de Justícia i Pau, da que forma parte Jordi Calvo, entrevistado tamén para Dioivo.

Ler máis...