Os sindicatos acusan o decano de Xornalismo de ''defender recortes de persoal na TVG''
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Xoves, 10 May 2012 09:24
- Escrito por Alberto Ramos
O Comité Interempresas da RTVG, TVG e RG vén de enviar un comunicado no que amosa o seu "rexeitamento" ás palabras do decano da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC, Xosé Pereira, nunha entrevista en Dioivo. "É incomprensible que o decano de Xornalismo de Compostela entre a valorar cuestións como a dimensión da TVG e non se pronuncie en cambio sobre os problemas de fondo desta empresa como son: a ameaza de privatización, a manipulación, os recortes presupostarios, as arbitrariedades na elección dos tribunais de oposición ou o conflito xurdido tras o asalto ás instalacións da empresa por un grupo de afectados polas preferentes", explícase no comunicado.
A representación sindical do ente público define como "inaudito" que Pereira opte por "defender recortes de persoal" nun momento en que está "en xogo" o futuro de ducias de empregados. Ademais, no comunicado censúrase que o decano chegue "ao paradoxo de poñer números á súa televisión ideal" ao dicir que na TVG chegaría con "500 traballadores" para que estivese "ben dimensionada".
SENTIDO COMÚN
O Comité Interempresas reitera no comunicado o seu "rexeitamento" ante as reflexións dun decano ao que lle piden que se esqueza de "brindes ao sol" e que se dedique máis "a mirar polos intereses da profesión". Nesa mesma liña, os representantes sindicais pídenlle que reflexione con algo máis de "sentido común" sobre o futuro da profesión.
Finalmente o comunicado finaliza co comité "invitando de novo" ´á Facultade que dirixe Pereira a participar na Plataforma da Radiotelevisión Pública Galega, unha plataforma que busca promovover valores como a "imparcialidade, independencia e pluralidade".
AS PALABRAS DO DECANO
Dioivo púxose en contacto onte co decano de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira, quen rexeitou a entrar en valoracións ou en responder ao comunicado do Comité Interempresas das CRTVG, TVG e RG. Pereira o único que quixo manifestar é que a Facultade xa asinou a súa adhesión á citada Plataforma de Radiotelevisión Pública Galega.
CONSULTA A ENTREVISTA COMPLETA A PEREIRA
FOTO: Xosé Pereira, decano de Ciencias da Comunicación



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede