''Sen periodistas non hai periodismo. Sen periodismo non hai democracia”
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Mércores, 02 May 2012 20:28
- Escrito por DIOIVO
As asociacións de prensa que existen en Galicia convocan unha serie de mobilizacións baixo o lema Sen periodistas non hai periodismo. Sen periodismo non hai democracia para que os xornalistas defendan a súa profesión no Día Mundial da Liberdade de Prensa. Os xornalistas galegos únense así ás concentracións simultáneas que se farán en todo o estado, tal e como se acordou o 14 de abril, en Valladolid, durante a LXXI Asamblea General de la Federación de Asociaciones de Periodistas de España. Os actos terán lugar ás 12.00 horas en Santiago (ás portas da Facultade de Ciencias da Comunicación), na Coruña (no Obelisco), en Vigo (no antigo reitorado da Universidade de Vigo) ou en Lugo (no Museo Provincial). As asociacións, co apoio do Sindicato de Xornalistas e do Colexio de Xornalistas, pediulles aos diversos organismos e entidades que non convocasen actos a esa hora para facilitar a participación. Non obstante, organismos como a Xunta de Galicia, CCOO, UXT Galicia, STEGA ou o Concello de Santiago si celebrarán actos e roldas de prensa á citada hora.
No caso do Sindicato de Xornalistas, a central destaca que a colaboración entre todas as organizacións do sector é imprescindíbel para superar a crise do sector, afectado por unha continúa vaga de despedimentos ante a total pasividade das administracións públicas. Ante unha degradación laboral e profesional tan grave como a actual, a o SXG fai un novo chamamento aos partidos políticos para que regulen por lei a profesión xornalística con urxencia, porque é o único xeito de que os seus profesionais sexan verdadeiros intermediarios no dereito á información da cidadanía.
FOTO: Imaxe da redacción central na Coruña de Xornal de Galicia tralo seu peche definitivo en outubro de 2011 /A. M.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede