Carballo incentiva a reflexión sobre a lingua co seu noveno premio de artigos xornalísticos
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Luns, 11 Febreiro 2013 14:20
- Escrito por DIOIVO
Outórgase un premio de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos 12 medios de comunicación que colaboran co certame. O obxectivo do Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo é incentivar a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos medios para fomentar o uso e prestixio do noso maior ben colectivo, a lingua galega. O prazo de admisión de artigos inéditos está aberto até o 11 de abril de 2013
Iago Martínez: ''O xornalismo está moribundo, somos man de obra excedente''
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Sábado, 29 Setembro 2012 14:36
- Escrito por ALBERTO RAMOS
O xornalista Iago Martínez (Vigo, 1979) debutará nas ondas radiofónicas este luns en Cuac FM. O programa titularase Disimulen e tentará ofrecer "contidos culturais críticos" todos os luns de 19.00 a 20.00 horas no 103.4 da FM, aínda que tamén se poderá escoitar en streaming a través de www.cuacfm.org. Martínez traballou como xefe da sección de Cultura do finado e borrado Xornal de Galicia e actualmente sobrevive como colaborador habitual no diario El País e na revista Rockdelux.
A película pendente de Lijó & Meixide
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Martes, 11 Setembro 2012 09:23
- Escrito por meixide
Fai hoxe once anos, Lijó & Meixide debían estrear a súa curta 'O meu nome o meu mundo', no Festival de Cine e Vídeo Independente de Nova York. Un incidente inesperado adía a presentación pero convértese na materia prima do seu documental 'Cascallos'. Carlos Meixide ofrécenos en exclusiva o argumento da película que inda lles queda por facer, a incrible e disparatada historia que transcorre entre a rodaxe dunha e doutra curta: o abraiante periplo polo que acabaron sendo testemuñas dun dos grandes momentos da historia recente.
''A primeira obriga dun xornalista é saber dicir 'non'. E, como colectivo, non o estamos a dicir''
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Venres, 01 Xuño 2012 23:43
- Escrito por ALBERTO RAMOS
O xornalista José Precedo presentou onte en Santiago Conde Roa, caso perdido, libro publicado por 2.0 Editora e ilustrado polo fotoxornalista Óscar Corral. Neste volume, o redactor de El País recolle varios artigos xornalísticos sobre o perfil político do ex rexedor compostelán e o escándalo que supuxo o final da súa vida política. Dioivo ofrece unha ampla entrevista no que o autor fala de Conde Roa, de xornalismo e da crise dos medios.
Eldiario.es e Praza.com presentan o xoves a súa alianza informativa
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Venres, 28 Setembro 2012 09:25
- Escrito por DIOIVO
Este xoves presentarase a edición galega de El Diario.es, que a partir dese mesmo día realizarase en colaboración entre Praza.com e El Diario.es. Cada dia, o xornal dixital que vén de nacer ofrecerá información, opinión e análise da actualidade política, cultural e social galega para Galicia e para todo o Estado. De igual xeito Praza contará coa información e sinaturas de opinión publicadas en El Diario, colaborando man a man cun proxecto que comparten obxectivos e visións sociais e profesionais. Comprometidos ambos coa defensa dos dereitos sociais e civís, do Estado do benestar e da pluralidade nacional, e comprometidos tamén cun xornalismo de calidade e de análise, libre e pegado aos movementos sociais.
Na presentación participará Ignacio Escolar, director de eldiario.es, o xornalista Gonzalo Cortizo e e Marcos Pérez, director de praza.com. O acto terá un amplo espazo para a conversa e o debate sobre a actualidade e o presente e futuro do xornalismo e os medios. O acto público terá lugar este xoves 4 de outubro ás 18.30 na Aula 0 da Facultade de Xornalismo da USC.
''Os xornalistas temos agora menos credibilidade que os militares ou os policías''
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Martes, 05 Xuño 2012 11:10
- Escrito por Vanesa Oliveira
Xosé Manuel Pereiro vén de renovar o seu cargo como decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) ao que chegou en 2008. No seu discurso, pedía que a profesión fixese "exame de conciencia" ante a cidadanía para ver "se lle demos en xeral razóns para que confíe en nós, e se lle estamos vendendo viño ou auga da traída, e proporcionando argumentos para o debate ou munición para o combate." Unha reflexión, entre outras, na que profundiza nesta entrevista para Dioivo.
Os sindicatos da USC critican a Pereira e a súa pouca ''preocupación'' pola situación do sector
- Detalles
- Categoría: Media
- Publicado o Xoves, 17 May 2012 18:12
- Escrito por Alberto Ramos
A entrevista ao decano da Facultade de Ciencias da Comunicación en Dioivo segue a xerar controversia. O Comité Intercentros da USC respondeulle ao decano cun documento ao que tivo acceso Dioivo. No escrito, os representantes sindicais tiran do Convenio Colectivo da USC para lembrarlle que nun proceso de selección para xornalistas do gabinete da USC, que cualificou Pereira como "aberrante", non se pode esixir titulación específico. Ademais, lamentan que o decano se preocupe desta circunstancia e non da situación precaria que viven a maioría dos licenciados da Facultade que encabeza.
Máis artigos
- A resposta íntegra do Comité Intercentros USC ao decano de Xornalismo
- Os sindicatos acusan o decano de Xornalismo de ''defender recortes de persoal na TVG''
- ''O desprestixio dos xornalistas levou a convertérmonos en bazofia á vista da sociedade''
- Os xornalistas defenden a liberdade de prensa e unha profesión que perdeu ''6.000 empregos''
- ''Sen periodistas non hai periodismo. Sen periodismo non hai democracia”
- O persoal de El País defenderán os seus postos de traballo e o espírito ''fundacional'' do diario
- O xornal Sermos Galiza estará na rede o vindeiro 26 de abril
- Hoxe cumpre anos... o Xabarín!!!
- Duarte Romero: ”Cómpre rachar a filosofía do xornalismo coma fonte de cartos”
- “En Xornalismo a inserción laboral pasou do 80% a non chegar nin ao 50%”
- ”Con máis do 30% de paro no sector, no xornalismo non pode haber liberdade”
- Novas da Galiza celebra este mércores “10 anos de xornalismo popular”



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede