''Declaróuselle a guerra á cidadanía e seremos as primeiras baixas''
- Detalles
- Categoría: Liberdades
- Publicado o Xoves, 20 Setembro 2012 12:46
- Escrito por Marga Tojo
Os galegos Antón Novoa e Anxela López, xunto a Ismael Lloréns e Tomi Abolafia e os seus catro asistentes persoais chegan a un acordo coa Comisión e deixan o peche nas oficinas de Madrid, onde os recluíran nun cuarto. Reclaman un nivel de dignidade que non faga avergoñarse nun futuro aos europeos, que fixeron da defensa dos dereitos humanos un dos seus valores fundamentais. Obtiveron compromiso da máxima institución sobre os impresos entregados, para garantir os dereitos das persoas con diversidade funcional.

A rapazada de Chapela, ao rescate da lingua galega
- Detalles
- Categoría: Liberdades
- Publicado o Luns, 25 Xuño 2012 20:37
- Escrito por DIOIVO
Alumnos, mestres, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños... En total unhas catrocentas persoas participaron o pasado 5 de xuño no IES de Chapela na gravación dun Lipdub que hoxe luns foi presentado publicamente e que é, sobre todo, unha inxección de alento para a lingua galega. Ironía, entusiasmo e mocidade logran nesta montaxe resucitar o idioma de Galiza e rescatalo do departamento de linguas mortas para asegurarlle un futuro que ten como banda sonora o I will survive, de Gloria Gaynor. Eu falarei!
Todos somos La Pepa!
- Detalles
- Categoría: Liberdades
- Publicado o Luns, 19 Marzo 2012 15:48
- Escrito por Marga Tojo
Nun Estado en continua bifurcación e baixa autoestima, todos se apuntan ao unísono da loa do Bicentenario da Constitución de 1812, como se fose a selección española e acabase de gañar un outro mundial. Trátase dun dos textos xurídicos máis importantes da historia do Estado español, o primeiro código político con movemento constitucionalista da Europa contemporánea, no que se estableceu a división de poderes, pero ten sombras. Ademais, unha sociedade que toma en serio os principios constitucionais debería aproveitar a tesitura e pór algunhas cuestións sobre a mesa, sobre todo unha vez que a crise (a famosa crisi de Feijóo) deixa ao descuberto a cesión de poderes ao mercado. Que hai que celebrar?
Nacións Unidas da Homofobia
- Detalles
- Categoría: Liberdades
- Publicado o Mércores, 14 Marzo 2012 14:45
- Escrito por Fran P. Lorenzo
Máis alá da súa crenza excluente nun único Deus, hai unha circunstancia que une as xerarquías das tres grandes relixións monoteístas (o cristianismo, o xudaísmo e o Islam): a súa homofobia. A adscrición deste comportamento ao ámbito das crenzas relixiosas comportou o seu espallamento a toda caste de sociedades: desde Estados Unidos, onde o dramático incremento de suicidios en adolescentes gays xa motivou unha campaña nacional, aos recentes ataques contra o colectivo en Irán e Iraq. Son as Nacións Unidas da Homofobia.
Cando a Xustiza non fala o teu idioma...
- Detalles
- Categoría: Liberdades
- Publicado o Xoves, 21 Xuño 2012 16:31
- Escrito por DIOIVO
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia un caso de discriminación contra o idioma galego nun xulgado de Vigo. Segundo a Mesa, unha demanda presentada en galego ten a ameaza de ser rexeitada polo feito de estar escrita en tal idioma. Úrxenlle ao demandante presentar unha tradución xurada da mesma e que "los sucesivos escritos que presente dicha parte a lo largo del procedimiento sean presentados en castellano, de conformidad con lo dispuesto en el artículo 142.4 de la L.E.Civil".



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede