O lento esmorecer do bosque galego
- Detalles
- Categoría: Ecoloxía
- Publicado o Mércores, 21 Marzo 2012 18:57
- Escrito por Rebeca Hermo
Unha visión produtivista do monte, unha forte presión humana e urbanística e a profunda desprotección dos ecosistemas pon en xaque ao monte autóctono. Repoboacións autóctonas, xestión sostible e a posta en marcha de medidas de preservación acordes co noso patrimonio natural, as claves dadas no Día Forestal Mundial para reverter esta grave situación.
Fukushima, un ano despois: compensa a enerxía nuclear?
- Detalles
- Categoría: Ecoloxía
- Publicado o Venres, 09 Marzo 2012 09:43
- Escrito por Mateo Pereira
Cúmprese este 11 de marzo un ano do tsunami de Xapón e do accidente na central nuclear de Fukushima, considerado o máis grave sufrido tras o de Chernóbil. O cálculo do que a fuga radiactiva na planta xaponesa supuxo e a maneira na que afectou á poboación e ao medio ambiente están por determinar, en medio da opacidade gobernamental. Poida que o balance da catástrofe se coñeza dentro de quince ou vinte anos. Mentres tanto, o debate arredor dos perigos da enerxía atómica segue vivo e pendente dunha revisión rigorosa.
Europa pasa dos transxénicos
- Detalles
- Categoría: Ecoloxía
- Publicado o Martes, 28 Febreiro 2012 21:53
- Escrito por Rebeca Hermo
Os consumidores europeos gáñanlle a partida aos transxénicos. Non estamos ante un discurso ecoloxista nin dunha plataforma cidadá. A afirmación procede da propia industria fabricante dos organismos modificados xeneticamente, que se ve obrigada a abandonar o mercado europeo ante a desconfianza que amosan os consumidores cara a estes produtos: nin os ven beneficiosos nin os cren seguros.
A sección descabezada
- Detalles
- Categoría: Ecoloxía
- Publicado o Martes, 28 Febreiro 2012 15:04
- Escrito por Nacho Munilla
Inauguramos sección sobre o espiñento tema das interaccións entre os organismos e o medio, segundo definición do zoólogo e naturista Ernst Haeckel, cun breve ensaio metaecolóxico de Nacho Munilla onde o autor nos asesora sobre o nome máis conveniente para a propia sección. Ecoloxía, ecoloxismo, medio ambiente e outros, son termos que suscitan unha alongada controversia semántica con ribetes políticos e sociais. Tras ler o artigo e seguir o seu consello, optamos por denominar a sección como Ecoloxía e ficar a velas vir.
Non á caza indiscriminada no monte
- Detalles
- Categoría: Ecoloxía
- Publicado o Mércores, 07 Marzo 2012 00:48
- Escrito por Rebeca Hermo
Flexibiliza os períodos hábiles e zonas vedadas, penaliza a quen intente impedir a actividade e rebaixa a 14 anos a idade mínima para exercer a súa práctica. Estas son os tres piares nos que se sustenta a nova Lei de Caza que promulga Medio Rural co obxectivo de lograr unha actividade "máis responsable, sostible e ética". Ecoloxistas e propietarios dos montes presentan un texto alternativo para impedir que a Xunta "deixe en mans dos cazadores a xestión dos montes".
Os ríos galegos, en estado crítico
- Detalles
- Categoría: Ecoloxía
- Publicado o Martes, 28 Febreiro 2012 20:21
- Escrito por Rebeca Hermo
Contaminación, acumulación de lixo nas súas augas e marxes e perda de biodiversidade. Os ríos galegos permanecen na UCI, especialmente aqueles que atravesan núcleos de poboación ou están próximos á súa desembocadura. Así o constata o Informe 2011 do Proxecto Ríos de Adega, unha radiografía da rede fluvial galega que advirte dunha degradación que semella xa imparable.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede