O ''sotaque'' de Aurelia
- Detalles
- Categoría: Sociedade
- Publicado o Martes, 21 May 2013 15:44
- Escrito por MARiNHA PÉREZ REI
A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha forma de absurdo contra o silencio especulador. O desaloxo pola forza dunha anciá. A súa voz soa (fermosa moradía) contra os especuladores: o seu seseo (implosivo e explosivo), as ultracorreccións en castelán, esa prosodia de arrastre. Porque digámolo xa, o “sotaque” do galego de Aurelia tamén ten algo de desafiuzamento. A muller é despoxada dun espazo que non será de seu, pero que xa lle pertence en recendos, en sabores, en memoria viva. Coma a súa fala, que posúe o sabor da lingua de antano. “Pa onha pallosa que vaian eles! Son ghente muy hodida!” Semella que nacese da súa voz un desaloxo máis amplo. Estandariza o trazo cotián nun harmónico de pronuncias que saben a centeo.
Mariña Pérez Rei gaña o IX Premio a artigos xornalísticos de lingua do Concello de Carballo
- Detalles
- Categoría: Sociedade
- Publicado o Martes, 07 May 2013 09:13
- Escrito por DIOIVO
O xurado do IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse este luns para decidir o artigo gañador deste certame, ao que se presentaron 46 traballos e decidiu outorgarlle o galardón ao artigo O sotaque de Aurelia, de Mariña Pérez Rei.
''O zombi do franquismo percorre o sistema educativo español''
- Detalles
- Categoría: Sociedade
- Publicado o Xoves, 06 Decembro 2012 13:30
- Escrito por Marga Tojo
"Parafraseando o inicio d'O Manifesto Comunista, podemos dicir que un zombi percorre o sistema educativo español: o zombi do franquismo. A última, e brutal, manifestación desta realidade témola no anteproxecto da chamada, nun cínico eufemismo, Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que o ministro José Ignacio Wert vén de presentar". Así de contundente presenta a asociación ProLingua a súa oposición á séptima reforma educativa da democracia, cun texto onde denuncia o "desatinado intento de volver aos valores de «la escuela de siempre», que en España se identifica inequivocamente coa marcada polo nacional-catolicismo da ditadura".
''Centenares de persoas agonizan entre os muros das prisións''
- Detalles
- Categoría: Sociedade
- Publicado o Martes, 18 Setembro 2012 11:28
- Escrito por Marga Tojo
Cal é o obxectivo da Reforma do Código Penal? Que papel xoga a prensa na difusión do estado de medo? Lóitase contra a violencia ou acálanse as reivindicacións socias? Queda algo do obxectivo de reinserción social no sistema penitenciario?

“O Portal Galego da Língua converteu-se no grande símbolo da nova estratégia da AGAL”
- Detalles
- Categoría: Sociedade
- Publicado o Luns, 24 Decembro 2012 08:03
- Escrito por Dioivo
A AGAL celebrou os 10 anos de vida do Portal Galego da Língua, un dos primeiros medios de comunicación en galego na rede, cun acto en Compostela no que presentou un libro que recolle a historia deste proxecto. Dioivo foi un dos diarios dixitais do país convidados a este encontro.
Prolingua: “A Xunta debería reflexionar sobre o gloticidio emprendido irresponsablemente”
- Detalles
- Categoría: Sociedade
- Publicado o Venres, 09 Novembro 2012 16:17
- Escrito por Dioivo
Menos dun 10% da prensa que se fai en Galiza está en galego e o 50% do ensino nesta lingua está realmente lonxe de cumprirse. Mentres o Comité de Expertos felicita os gobernos catalán e vasco polo apoio e promoción das súas linguas nativas; ao gobernó galego repróchalle “a redución gradual” do uso da lingua galega, sobre todo no ensino, na xustiza e nos medios de comunicación. E recolle as queixas dos expertos europeos pola falta de información, o "calculado silencio" e ocultamento de datos ofrecidos polas autoridades galegas.
A Iniciativa Galega pola Memoria homenaxea en San Simón os descendentes das vítimas do franquismo
- Detalles
- Categoría: Sociedade
- Publicado o Mércores, 04 Xullo 2012 18:48
- Escrito por Dioivo
A Iniciativa Galega pola Memoria volve homenaxear na illa de San Simón as persoas represaliadas polo franquismo. Desta volta, a plataforma porá o acento nas novas xeracións da memoria.
Máis artigos
- Ordes celebra este domingo o 81º aniversario da proclamación da República Galega
- A Rede Revolta analiza as transicións socio-ecolóxicas en Europa e América
- O Festiclown apoia en México a loita do pobo Wixárika contra as mineiras
- O modelo Burela, a lingua é para todos e todas
- “A escola pública tem-se demonstrado mui eficaz à hora de castelhanizar a nossa sociedade”
- A Asociación Galega de Onomástica ofrécelle axuda a Conde Roa para bautizar as novas rúas
- Os bispos condenan, sen xuízo previo, ao 'semi-herexe' Torres Queiruga
- A endogamia galega é mala para o ADN



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede