1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 18-05-2013 10:33

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Subscríbete!

 

Dioivo é  un proxecto sen ánimo de lucro, ergueito sobre o capital do noso esforzo e, como se adoita dicir, feito sen un can. Non por iso renunciamos nin á calidade nin ao rigor. Máis aínda. No noso obxectivo está medrar, facer desta revista dixital un medio de expresión útil e con recursos, que permita estender o noso afán informativo a todo aquilo que nos interesa e queremos contar.

Para todo iso o voso apoio económico non nos vén nada mal. En realidade somos unha asociación cultural e as cotas dos nosos socios son o sustento desta aventura. É doado. Só  precisades entrar nesta páxina, no formulario de suscritores, e aí decidir a cantidade que podedes achegar. Cadaquén o que poida ou queira, que xa se sabe que os tempos están malos e que a esixencia de microcooperación bombardea decote o noso día a día.

Se queres subscribirte ao Dioivo enche o noso formulario e escolle a opción máis acaída ás túas necesidades. Os ingresos, para quen teña dotes de mecenado, tamén os podedes achegar a través da nosa conta en Caixa Rural, 3070 0035 22 6084441325. Para calquera dúbida só tedes que remitir un correo electrónico a This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. .