1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Redes Sociais

 

Dioivo, antes de abrir a súa edición dixital, tivo unha gran presenza nas redes sociais. O perfil de Facebook naceu a comezos de decembro e xa supera os 2.700 amigos. Ademais, no caralibro tamén contamos cunha páxina de seguidores que está polos 400 amigos amigos. O twitter tamén é un lugar senlleiro para lanzar as pingas. A nosa conta de twitter xa superou os 1.000 seguidores. En Google +, pois a verdade non estamos, pero tampouco sabemos moi ben como vai iso.

Foi precisamente nas redes sociais onde comezou a promoción do Dioivo. Naceu así, a comezos de decembro, o xornalista senlleiro. Interpretado por Evaristo Calvo, ese personaxe deu a coñecer, en varios vídeos gravados por Bocixa Rei e aos poucos, que diaños era isto do Dioivo. Acompañado por Marcos Correa, Pepa Yáñez e Pelegrín, o Xornalista senlleiro rebotou de Facebook a Facebook.

Finalmente, xurdiron uns pequenos vídeos nos que a xente contaba resumidamente que agardaban polo Dioivo. Miguel de Lira, María Rúa, Xesús Ron, Sabela Iglesias, Azaia Romero ou Josinho, o do Trece foron algúns dos que participaron nesta liña de promoción. A todos eles, mil grazas por todo. Xa non tedes que agardar nada, o Dioivo xa está aquí.