1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 18-05-2013 10:33

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Número Cero

 

Xa non che son tempos de papeis

Os promotores do Dioivo saíron escaldados das experiencias en papel e dos medios tradicionais. Todos eles traballaron entre maquetas, papeis e tintas que manchaban os dedos. Durante varios anos, o xornal de toda a vida foi o seu terreo de traballo. Terreo en galego que, finalmente, acabou sendo un terreo vougo, abandonado a súa sorte. Nese momento, os promotores decidiron que había que seguir por outros eidos, lonxe das rotativas. A rede era o refuxio apropiado para todos. Nacía o Dioivo na rede, pero os impulsores desta nova arroiada decidiron que prestaba facer unha homenaxe. Unha homenaxe ao 'Viva antes!', ao 'Viva o papel!' Por iso, crearon un número cero, un primeiro número e un número de despedida. Todo nunha única publicación de tiraxe limitada.

O exemplar en papel é unha homenaxe retranqueira ao xornais, eses medios doutrora que están cada vez máis preto de adornar só as vitrinas do museo. Ese tributo do Diovo recóllese na web e podedes descargalo en PDF. Este único número do Dioivo en papel inclúe a filosofía do novo medio, o seu desenvolvemento e unha carta de despedida que, a moitos profesionais, lembraralles as palabras dos seus editores cando decidiron botalos á puta rúa.