Como colaborar
Dioivo preséntase como unha unión temporal de xornalistas. Os tempos son os que son e a crise do sector está a golpear duramente as estrutura do xornalismo tradicional, cuxo valor veu sempre dado polo traballo, o esforzo e a calidade dos profesionais. Iso é o verdadeiro capital do xornalismo e dos medios, a súa pedra angular. Por iso, Dioivo abre como un espazo para que aqueles traballadores deste oficio poidan amosarlles aos lectores o seu traballo e o seu bo facer.
Dioivo polo tanto ofrécese para recibir as achegas gratuítas de todos os xornalistas que queiran que o seu nome e os seus textos volvan aparecer nun medio de comunicación. Este Dioivo é un escaparate no que as sinaturas e os traballos xornalísticos dos profesionais estean na rede de rede. O consello de redacción do Dioivo abre unha liña de comunicación directa para este fin: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. . Mándanos aquí unha breve descrición biográfica, os teus intereses, o teu currículo e comeza a escribir xunto a nós. Dioivo contactará contigo e comezaremos a traballar unidos. Porque chove moito, está a caer unha ben gorda, e a humidade é menos húmida compartindo este paraugas de nome Dioivo.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede