1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Celanova lembra a ''voz rexia e contestataria'' de Celso Emilio Ferreiro

 Celanova acolleu hoxe a homenaxe literaria, académica e política máis solemne a Celso Emilio Ferreiro. Non podía ser outro lugar, porque como se encargou de dicir o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o poeta sempre estaba en Celanova. O recoñecemento dos académicos e dos electos e das electas, peregrinou civicamente por algúns dos lugares que frecuentaba Celso Emilio e saíndose do guión o propio Ferrín explicou como o escritor soñaba de neno “coa raíña das neves agochada na montaña visible dende a rúa de Arriba ou mesmo coa neve coa que facían os sorbetes os abades do Mosteiroâ€.

Porén e á marxe do anecdotario e peripecias vitais de Celso Emilio, os académicos reunidos solemnemente no Auditorio da vila, non deixaron de gabar as achegas políticas e literarias do poeta ao conxunto da literatura galega e universal.

En primeiro termo tomou a palabra o escritor Darío Xohán Cabana para falar do “seu†poeta. Esta apropiación derivase da ambición de Cabana de “querer escribir unha catedral de palabras na miña lingua proletaria como fixo Celso Emilioâ€. Logo chegou o recoñecemento fachendoso do académico de que tanto “Curros como el influíron decisivamente na miña obra e convertéronse en vixías nos meus primeiro pasos na poesíaâ€.

Esta influencia xeneralizada nos poetas coetáneos e nos sucesores tamén foi recoñecida polo presidente da Real Academia Galega. Ademais no caso de Ferrín acumulase o feito de que “Celso Emilio foi unha das persoas que máis eu quixenâ€. Este afecto persoal, para o presidente da Academia, vai unido a unha crítica literaria que debuxa un prisma con moitas caras na obra do celanovés: “ O poeta de Galicia debe ser comprendido pola súa totalidade como un poeta combativo, loitador, satírico, como o mellor poeta satírico da Galicia contemporánea†e engadiu “como no caso de Quevedo esta habilidade e mestría para a sátira nace da súa desazón porque a sátira é unha vivencia persoal dominada pola situación da patria, da infancia, da mocidade e non reflicte outra cousa co seu universo nostálxicoâ€. Xosé Luis Méndez Ferrín tamén etiquetou os seus versos de amor como propios “de quen coñece o verdadeiro amor imposible que é o amor conxugalâ€.

Finalmente deulle o mérito de contribuír a diferenciar o sistema literario galego do español, entre outras cousas, “porque fixo unha poesía social distinta a completamente á madrileñaâ€. Estas achegas feitas en forma de leccións maxistrais, con referencias ao seu pensamento político e compromiso coa nación perfectamente debullado por Margarita Ledo, foron complementarias da homenaxe máis popular na que participou o cantautor Amancio Prada e das referencias completamente emocionais que fixo o seu fillo ao descubrir unha placa na súa casa natal. Luis Ferreiro exclamou que “Celso Emilio está vivo e a súa voz rexia, contestataria e de protesta segue escoitándose “no vento de Celanovaâ€.

Homenaxe institucional

O Goberno galego presenciou e participou na homenaxe que a vila de Celanova lle tributou ao un dos seus poetas. Foi o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, quen se encargou de descubrir a placa conmemorativa xunto a Luis Ferreiro.

Tamén foi o titular do Goberno, quen referíndose a Galicia sempre como país, indicou que “os seus poemarios son o noso mellor libro de historia†e quen cualificou a Celso Emilio e a Curros como “os cartógrafos do noso serâ€. O presidente non se saíu do guión e revestido de galeguista fixo apelacións “a unidade para resolver os problemas do paísâ€. Feijóo, un tanto condescendente, só cambiou o xesto para sorrir cando Ferrín aludiu “as dúas restauracións borbónicasâ€.

Tamén visitou Celanova o líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, quen dixo “non querer perderse a homenaxe ao poeta das clases populares, ao poeta social, ao poeta que reflectiu unha situación que se reflexa hoxeâ€. Neste sentido Vázquez subliñou que “Longa noite de Pedra é un referente do socialismo galeguista†e convidou aos galegos a ler a súa obra para ver “como hai que loitar contra a resignación e contra a inxustiza social promovida polos gobernos conservadoresâ€.

FOTO: Momento no que se destapou a praca en memoria a Celso Emilio /ÓSCAR PINAL

FOTO 2: Euloxio Ruibal, Axeitos, Feijoo e Ferrín durante o plenario de homenaxe a Celso Emilio /ÓSCAR PINAL