1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Traballadores de ALCOA maniféstanse polo futuro da subministración enerxética nas súas factorias

Un grupo de traballadores das factorías de ALCOA da Coruña e San Cibrao (Cervo-Lugo), manifestáronse o medio día do mércores 13 de xuño diante das dependencias do goberno galego en San Caetano, Compostela. A protesta iniciouse cunha marcha destes traballadores desde ALCOA Coruña, á que posteriormente se lles uniron representantes dos traballadores da factoría de San Cibrao no compostelano Monte do Gozo. 

Ler máis...

Unha explotación láctea da Baña prexudicada en 200 mil euros por Medio Rural

Unha explotación láctea da Baña perderá 200.000 euros por culpa das graves deficiencias na xestión do saneamento gandeiro da Consellaría de Medio Rural. Segundo denuncia o Sindicato Labrego Galego, o dono da granxa, Cándido Iglesias, foi obrigado a sacrificar trinta vacas que resultaron estar sans e viu reducida a súa produción en 1.000 litros de leite diarios dende finais de xaneiro. Esta mesma problemática esténdese cada vez máis ao conxunto do sector.

Ler máis...

Dioivo vai á folga no seu primeiro mes de vida

 Dans grève il y a rêve, reza un vello dito francés. Na folga hai soño. E son os soños, dicíao Fassbinder, os que amplían o horizonte da vida. Mañá 29 de marzo Dioivo cumprirá un mes na rede e nese aniversario amosaremos o descontento e a oposición a unha reforma laboral que aniquila os dereitos das traballadoras e traballadores deste país. Por iso esta redacción cesará na súa actividade durante o 29 de marzo. Nin informaremos nin mudaremos os contidos de Dioivo. O silencio será, desta volta, o noso xeito de contrariar.

Ler máis...