Curiosa xornada de reflexión
- Detalles
- Categoría: Política
- Publicado o Sábado, 20 Outubro 2012 12:25
- Escrito por Dioivo
Portadas apelando á unidade de España ou Constitución coa foto de Rajoy e Feijóo... parece que nin sequera na xornada de reflexión podemos descansar do bombardeo de mensaxes subliminais, ou non, apelando ao voto cara determinadas formacións políticas...
82 autobuses, 165 microbuses, 9 taxis e 1 barco
- Detalles
- Categoría: Política
- Publicado o Xoves, 18 Outubro 2012 16:24
- Escrito por Dioivo
A Xunta de Galicia vén de anunciar hoxe un ambicioso dispositivo para trasladar os electores aos seus colexios electorais este 21 de outubro. O dispositivo “porá a disposición dos preto de 2.300.000 galegos chamados ás urnas o vindeiro 21 de outubro, un total de 82 autobuses, 165 microbuses, 9 taxis e 1 barco”.
Bascuas: ''Para un comunista, Compromiso é de dereitas. Para Feijóo, somos extrema esquerda''
- Detalles
- Categoría: Política
- Publicado o Martes, 25 Setembro 2012 00:49
- Escrito por A. RAMOS
Xoán Bascuas é o candidato á presidencia da Xunta con Compromiso por Galicia (CxG). Abandonou o BNG o pasado marzo xunto cos seus compañeiros de Máis Galiza para iniciar un novo proxecto que deu lugar a Compromiso. Bascuas, profesor universitario, foi delegado provincial da Coruña da Consellería de Vivenda durante o goberno do bipartito e agora aspira á presidencia da Xunta. Durante a entrevista, tamén participou nun momento puntual Manuel González, número 5 da lista da Coruña de Compromiso.
''Feijóo sabe algo que non lle quere dicir á cidadanía''
- Detalles
- Categoría: Política
- Publicado o Domingo, 16 Setembro 2012 22:45
- Escrito por Moncho Mariño
Martiño Noriega, alcalde de Teo e voceiro de Anova, achégase ao Dioivo para falarnos do pacto con Esquerda Unida e os eixos que vertebrarán o traballo da coalición Alternativa Galega de Esquerda. Amigo das tortillas, hai tempo que non as come no local de Armando Blanco, antigo rexedor de Teo. Por outra banda, considera que Feijoo goberna para a estética e que ten unha axenda oculta no caso de recuncar na Xunta.
Yolanda Díaz: ''Estamos diante dunha guerra ideolóxica, dos de arriba contra os de abaixo''
- Detalles
- Categoría: Política
- Publicado o Venres, 28 Setembro 2012 00:04
- Escrito por Moncho Mariño
Yolanda Díaz naceu en Ferrol. Alí viviu as reconversións navais dos oitenta e noventa. Alí tamén exerce como avogada e cidadá. Agora é candidata ao Parlamento galego nas listas de Alternativa Galega de Esquerda. Yolanda Díaz fálanos nesta entrevista dos puntos programáticos centrais da nova forza política, de como está a ver a cidadanía nestes tempos de crise e do seu sentir fronte ao que ela ve como unha estafa non como unha crise. Falamos con ela o 25 de setembro do 2012, cando se une a unha manifestacón contra os recortes sociais diante das institucións galegas.
Me siento extraña en versión liberal ourensá
- Detalles
- Categoría: Política
- Publicado o Martes, 18 Setembro 2012 07:41
- Escrito por Fran P. Lorenzo
O exbanqueiro, tertuliano, exrecruso e candidato á presidencia da Xunta por Sociedad Civil y Democracia (SCD) Mario Conde pechaba este día as candidaturas do seu grupo ás eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro. Enrique Martí (1935), histórico realizador de televisión, encabezará a listaxe de Ourense. Martí, coñecido polos seus polémicos programas na cadena local Telemiño, é tamén o guionista dun clásico do cine español dos setenta: 'Me siento extraña', un romance lésbico protagonizado por Rocío Dúrcal e Bárbara Rey.

Feijóo: ''Sen persoas coma Baltar, eu non tería sido presidente''
- Detalles
- Categoría: Política
- Publicado o Sábado, 23 Xuño 2012 17:06
- Escrito por MARCOS SUEIRO
Baltar exhibe ante Feijóo a súa forza nunha homenaxe na que participaron 3.400 peroas
Máis artigos
- Néstor Rego toma o relevo de Francisco Rodríguez como secretario xeral da UPG
- Polémica en Cambados pola decisión do alcalde de erixirlle unha estatua a Manuel Fraga
- O 'Novo Proxecto Común' vai collendo forma
- O Concello de Santiago pretende impor taxas e limitar o uso da vía pública
- Feijóo: ''En galego pódeste comunicar con máis de 200 millóns de habitantes''
- Benigno López dimite como Valedor do Pobo
- ”A crise durará dez ou vinte anos máis”
- O rueiro compostelán cambia de aires
- As residencias de estudantes custarán un 20% máis o próximo curso
- Rueda asumirá as competencias de Medio Rural e Mar durante dez días
- Publícase unha biografía non autorizada sobre 'O Camarada Fraga'
- Inzar bota o fecho deixando para a historia unha marca diferenciada de facer política



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede