A Comisión Europea investigará a alta contaminación da Foz do Miñor
- Detalles
- Categoría: Ambiente
- Publicado o Venres, 08 Xuño 2012 10:48
- Escrito por DIOIVO
O Parlamento Europeo admitiu a trámite unha denuncia polos elevados niveis de contaminación microbiolóxica rexistrados nos últimos anos na Foz do Miñor, presentada pola asociación Salvemos Monteferro de defensa medioambiental. O Parlamento xa lle solicitou á Comisión Europea que inicie unha investigación para dilucidar os distintos aspectos da problemática.
As Fragas do Eume: a perda de algo máis que un bosque
- Detalles
- Categoría: Ambiente
- Publicado o Luns, 02 Abril 2012 11:30
- Escrito por Rebeca Hermo
Non se trata dun bosque máis, nin sequera dun parque natural ou dunha zona protexida. Non falamos dunha paisaxe senlleira, dunha reserva botánica ou dun reducto virxe. O que estes días se converte en fume e cinza na comarca do Eume é o último bosque atlántico galego: un patrimonio natural único que os intereses económicos, o desleixo político e a falta de conciencia están decididos a eliminar.
A loitar polo camiño das peixeiras para cruzar Monte Pindo
- Detalles
- Categoría: Ambiente
- Publicado o Sábado, 03 Marzo 2012 20:39
- Escrito por Dioivo
Os activos veciños iniciaron este domingo a recuperación do seu vello paso para cruzar Monte Pindo. Este camiño ten a peculiaridade de ser unha das tradicionais rotas entre as diferentes aldeas do Concello de Carnota e o Ézaro ou con destino a Cee e Corcubión. Era daquela o Monte Pindo de paso obrigado para os intercambios comerciais cando a actual ponte nin sequera existía, senón que no remate do vieiro agardaba un barqueiro que unía ambas marxes do río a cambio dunha módica suma monetaria ou en especie.
A ocupación da terra polos peixes planos
- Detalles
- Categoría: Ambiente
- Publicado o Martes, 28 Febreiro 2012 19:15
- Escrito por Rebeca Hermo
Veciños de Quilmas levantaron sobre 25 hectáreas de terra protexida pola Rede Natura unha actividade económica sostible: a cooperativa de agricultura ecolóxica Raíña Lupa. Un proxecto que o futuro Plan Director de Acuicultura Litoral pode substituír polo cultivo de rodaballos en terra ao abrir toda a costa á instalación de futuras piscifactorías.
Unha mineira anglo-africana quere explotar un lugar lindeiro ás Fragas do Eume
- Detalles
- Categoría: Ambiente
- Publicado o Domingo, 01 Abril 2012 12:58
- Escrito por Marga Tojo
A Xunta xa admite que arderon máis de 850 hectáreas. No medio do lume destápase a intención dunha empresa mineira de capital anglo-sudafricano co nome Picobello Andalucita SL, de explotar un xacemento de andalucita no subsolo do Pico Vello, un lugar da parroquia de Goente, no Concello d'As Pontes, colindante coas Fragas do Eume.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede