1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 19-05-2013 19:58

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Continúa a estampida en Novacaixagalicia. Dimitiu Fernández Gayoso

Tres días despois de que o fixera Mauro Varela, o outro copresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, presentou a súa dimisión despois do consello de administración da entidade celebrado esta mañá. Varias voces solicitaran a súa renuncia despois da dimisión de Varela e de que a Audiencia Nacional admitira a trámite unha querela de Anticorrupción por presunta administración desleal ou apropiación indebida.

Ler máis...

O 'luns negro' de Novacaixagalicia

Precipítanse os acontecementos en Novacaixagalicia. O seu director Mauro Varela demitiu "irrevogablemente", polas súas desafortunadas declaracións sobre os afectados das preferentes", poucas horas despois de que a Fiscalía Anticurrupción presentase unha querela conta cinco exdirectivos da entidade por un presunto delito de administración desleal ou apropiación indebida. 

Ler máis...

O director de Ikea A Coruña “esquece” unha redución de persoal de case 100 persoas

 Traballadores da multinacional sueca na cidade herculina manifestáronse o pasado xoves pola situación de “precariedade” que, ao seu xuízo reina na empresa. Dende UGT aseguran que case o 75% do cadro de persoal ten un contrato de menos de 20 horas. O sindicato manifesta que dos preto de 500 traballadores que se contrataron en 2010 quedan 290, a maioría deles con soldos que se sitúan sobre os 500 euros. “A pesar diso a empresa presume nos medios dicindo que somos máis de 400”, din. Para algúns asalariados a 'república independente' comeza a parecerse máis a unha ditadura.  

Ler máis...