Xavier Vence: ''É importante recuperar o papel regulador do Estado''
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Domingo, 14 Abril 2013 12:57
- Escrito por Moncho Mariño
Xavier Vence Deza naceu en Rodeiro no 1961. Economista de formación, desde o 17 de marzo de 2013 é o novo voceiro nacional do BNG, substituindo nesa posición a Guillerme Vázquez. Logo dun mes escaso desde a súa elección, Xavier Vence é entrevistado por Dioivo nun momento político cando menos revolto. Tanto o caso das fotografías como o da situación económica de Galicia, centraron a conversa co voceiro nacional do BNG.
“A etiqueta leite galego 100% é unha operación política que non serve para nada”
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Mércores, 28 Novembro 2012 17:29
- Escrito por Marga Tojo
Á espera do que diga Medio rural, cómpre lembrar que a un gandeiro ou a unha gandeira deste país sáelle máis barato comprar un cartón de leite no súper que producilo na súa propia explotación. O prezo ao que cobraba un gandeiro o leite hai un ano descendeu en tan só 12 meses un 17% e pasou dos xa moi curtos 0,34 céntimos por litro a 0,28 (que poden alcanzar os 0,30 no caso das explotacións con producción superior a cen toneladas), mentres os os cereais, os pensos, encarecéronse un 35% -de 0,27 a 0,37 o quilo- e os custos do combustíbel alcanzaron máximos históricos ao pasaren de 0,87 a 1,10 euros.
Festa en defensa dos dereitos dos presos galegos, este sábado en Compostela
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Xoves, 08 Novembro 2012 14:07
- Escrito por Dioivo
A plataforma cidadá Que voltem a casa! celebra este sábado en Compostela a V Festa pola liberdade, unha cita anual organizada para reclamar que se respecten todos os dereitos humanos dos 12 presos políticos galegos encarcerados fóra de Galiza (10 deles en prisión preventiva á espera de xuízo) e se poña fin á situación ilegal de dispersión. A festa, que inclúe cea, comezará ás 21:00 horas do 10 de novembro, no Centro Social A Gentalha do Pichel, e nela participarán os contacontos Pepe Penabade e Carlos Santiago e as pandereteiras Bouba. Máis de 700 persoas, entre elas nomes de gran relevancia social, cultural, política, sindical e activista do país respaldan o manifesto e reivindicacións da Plataforma.
Tímido principio de acordo no sector leiteiro
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Luns, 26 Novembro 2012 11:07
- Escrito por Dioivo
Principio de acordo, pero nada definitivo. Os responsábeis das industrias lácteas aconsellaron onte aos reprensentantes sindicais dos productores de leite suspender a folga que, desde a medianoite do martes, paralizou a entrega dunhas 12.000 toneladas de leite na comunidade e supuxo perdas de 250 euros diarios para os gandeiros. A reunión de onte arrincou a dúas bandas, entre centrais e administracións, e a ela incorporáronse os representantes dos gandeiros galegos e, finalmente, a titular de Medio Rural, Rosa Quintana.
Un Culturgal de urxencia retrata as industrias culturais galegas nun momento crítico
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Martes, 06 Novembro 2012 22:39
- Escrito por Dioivo
Se este país se construiu arredor da súa cultura e da súa lingua, a cultura galega vénse construíndo, nos últimos anos, arredor do Culturgal, o principal espello da produción das industrias culturais galegas. Baixo o lema “a casa da cultura é a túa casa, ti tes a chave”, Culturgal tomará Pontevedra na primeira fin de semana de decembro con música, literatura, cine, artes escénicas... “Serán tres días de diversión asegurada para toda a familia”, segundo asegurou Sergio Lago na súa intervención. O acceso será de balde.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede