1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 22-05-2013 08:11

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Que lle pasa ao Partido Republicano?

Contra a crenza xeneralizada, as eleccións presidenciais estadounidenses do pasado martes non lanzaron unha clara mensaxe a Obama. O presidente recibiu un apoio considerablemente menor que hai catro anos, deixando ver unha frustración patente por defraudar as altísimas expectativas que levantara na súa primeira elección.

Ler máis...

Rendição

Portugal é uma república. Na verdade, o nome do país é República Portuguesa. Cometemos duplo regicídio em 1908, para que não houvesse dúvidas de qual o regime desejado para o nosso país. Até o pretendente D.Duarte de Bragança se casou com Isabel Herédia, que dizem ser descendente dos que tiveram a coragem de premir o gatilho no Terreiro do Paço, há 104 anos – o que é, definitivamente, muito republicano dentro de uma existência monárquica.

Ler máis...

A caza de bruxas (literal) do século XXI

O 20 de xuño deste ano transcendeu aos medios que tres persoas foron executadas polas autoridades de Arabia Saudita. Dous deles eran unha parella de exipcios que secuestraron a unha nena, violárona e vexárona durante anos. O terceiro, un home ao que se atopou en posesión de libros de ocultismo e maxia, e ao que se decapitou baixo o cargo de "practicar bruxaría" e cometer adulterio.

Ler máis...

Balcanizándochevosnos (e III)

Na última entrega sobre o estereotipo da balcanización nos medios políticos e comunicativos españois, Jairo Dorado analiza a situación lingüística na ex Iugoslavia e as semellanzas e diferenzas co conflicto da lingua na Galiza. Botando man dun vello graffiti vigués, "Eslovenia somos nós", o artigo deita luz sobre a complexa realidade lingüística dos Balcáns, con diferentes prismas segundo o territorio xa presentes na antiga federación.

Ler máis...

Aldeias de fronteira

Filipa Fava, desde Portugal, convídanos a visitar a súa aldea, Vilar Maior. Do cruzeiro vê-se Espanha, à esquerda. E o Castelo, com a sua monumental torre de menagem, à direita. Um desses lugares marcados pela convivência turbulenta com o país vizinho, foi vila de defesa do território português contra o seu eterno inimigo, a quem costumamos chamar “nuestros hermanos”, apodo irónico, bem vistas as coisas, senão fratricida.

Ler máis...

Ali Ferzat volve debuxar

O pasado 25 de agosto as forzas de seguridade do réxime sirio do Presidente Bachar El Asad, atacaron en pleno centro de Damasco ao caricaturista sirio Ali Ferzat, un referente da sátira política deste país, que pouco tempo atrás decidira acabar co tabú, ou mellor dito, coa lei que prohibe facer parodia política do presidente. Case un ano máis tarde, Ali Ferzat recuperou a capacidade das súas mans para debuxar, e pretende facer caricaturas un millón de veces máis duras cás de antes.

Ler máis...

O Goberno do Uruguai propón a legalización da marihuana

O Goberno do Uruguai anunciou onte en rolda de prensa que enviará un proxecto de lei ao Parlamento para habilitar a venda de marihuana, de xeito que a súa produción e distribución estarían nas mans do Estado. O ministro do interior do Uruguai, Eleuterio Fernández Huidobro asegurou: "A prohibición de certas drogas está a xerarlle ao país máis problemas que a propia droga", con consecuencias desastrosas nos eidos da violencia e inseguridade.

Ler máis...