1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 19-05-2013 19:58

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Manda carallo, botafumeiro

O noso benquerido Pelegrín retoma as súas crónicas perplexo, pampo, estantío, despois de escoitar o tema oficial da campaña do PP, 'Veña Galicia', dos Limones. Do mesmo xeito proponnos unha opción se cadra ben máis acaída para se converter na sintonía oficiosa da campaña de Feijóo2012: a Feijóo Orquesta, co seu tema 'Fabricando Fantasías'.

Ler máis...

Crónicas do Pelegrín

O noso benquerido Pelegrín, icona desempregada do xacobeo polos turbios manexos de bipartitos e monopartitos, enceta a súa regular colaboración co Dioivo nas Crónicas do Pelegrín, un reconto da actualidade máis atroz desde o seu peculiar punto de vista. Na súa primeira entrega, lembra o Pelegrín tempos máis gloriosos e alenta unha xusta reivindicación, a de que Conde Roa, no seu furor urbanístico e rebaptizante, lle poña o seu nome á improbable Estación Internodal de Labacolla en pago dos servizos prestados.

Ler máis...

“Casorio Inditex Style”

 Adiantamos o contido do novo programa da TVG, ‘Eles son ricos, vostede non’, presentado por Roberto Varela. Estará dedicado a analizar en detalle a voda do eón, a de Marta Ortega co asturiano ese comosechame

ROBERTO VARELA: Boas noites, meus benqueridos amigos. O meu nome é Roberto Varela e vou ser anfitrión deste novo programa da Televisión de Galicia, a nosa televisión, a televisión de todos. Non é que sexa o meu traballo ideal, pero vese que para ser embaixador nos EEUU hai que falar peor o inglés e...

Ler máis...