O balón parado decide o primeiro derbi
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Sábado, 29 Setembro 2012 10:41
- Escrito por Óscar de la Fuente
O Santiago Futsal venceu no primeiro derbida tempada. Os composteláns, que dirixe Santi Valladares, impuxéronse ao Ázkar Lugo por 4-2 despois dun partido no que os 'transportistas' só asomaron a cabeza no comezo do segundo tempo. Santiago Futsal instálase con esta vitoria na zona nobre da clasificación con sete puntos, mentres que os lugueses quedan con tres na zona de perigo á espera de recibir na próxima xornada ao todopoderoso Barcelona Alusport.
O Burela FS é de Primeira!!!
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Martes, 03 Xullo 2012 16:38
- Escrito por DIOIVO/Axencias
Cando xa parecía que escampaba tras o dioivo de ascensos do deporte galego, hoxe os despachos déronnos unha sorpresa. O Pescados Rubén Burela FS xogará a vindeira tempada na máxima categoría do fútbol sala español despois de que a Liga Nacional de Fútbol Sala decidise facer pública hoxe a lista dos clubes que integrarán a Primeira e a Segunda División en función da súa solvencia económica. O equipo mariñán súmase deste xeito a Lobelle de Santiago e Ázkar Lugo na Primeira División, que estará conformada por 14 equipos, dous menos que a tempada pasada.
Non puido ser
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Domingo, 10 Xuño 2012 20:52
- Escrito por DIOIVO
Non puido ser. O Martorell é quen ascende á Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala tras derrotar no terceiro partido por 5-1 ao Burela, que nadou até o final pero afogou na beira da praia. Despois de vencer no primeiro partido da eliminatoria polo ascenso a pasada semana en Vista Alegre; esta fin de semana, en apenas dous días (dous partidos consecuitivos en Martorell), o equipo burelao viu como se lle escapaba definitivamente o soño.
A 'era Tomás de Dios' despídese en Segovia
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Sábado, 26 May 2012 17:09
- Escrito por Óscar de la Fuente
O Autos Lobelle necesitaba unha proeza para avanzar ás semifinais da Liga e nin a rozou. Caeu na cancha do Caja Segovia este sábado (4-2), o que sitúa un 2-0 definitivo na eliminatoria que dá por rematada a súa tempada e a era Tomás de Dios, quen continuará a súa carreira como adestrador fóra de Santiago mais noutro clube da Primeira División. Malia a igualdade entre os conxuntos, o cadro castelán-leonés mostrouse superior tanto no xogo como na finalización ante o impotente equipo compostelán, que sempre foi a remolque.
O Concello de Guitiriz disputará a Final do Campionato de España xuvenil de fútbol sala
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Sábado, 16 Xuño 2012 14:13
- Escrito por meixide
O Concello de Guitiriz xogará mañá ás 11 da mañá a final do Campionato de España Xuvenil de Futbol Sala, que se está a disputar esta fin de semana no Pabillón dos Rosales da Coruña. O conxunto chairego disputaralle o título aos andaluces do C.D. Virgili de Cádiz, despois de derrotar brillantemente 4-2 ao Tierno Galván de Valladolid e 7-0 ao Alakrana F.S. da Comunidade Valenciana.
O Burela a só un partido do ascenso
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Venres, 01 Xuño 2012 22:10
- Escrito por DIOIVO
O Burela volveu sufrir, inda que para ben. Non podía ser doutra maneira dado o ambiente extraordinario que presentaba hoxe a bomboeira de Vista Alegre. Venceu aos penaltis ao Martorell e está a so unha vitoria do ascenso. O problemas é que os dous match balls pendentes haberá que xogalos en Cataluña. Hoxe o resultado foi de 2-2. Nos penaltis, resolveu Víctor a prol do Burela pra poñer o 5-4 no electrónico.
A só unha eliminatorio do ceo
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Sábado, 26 May 2012 14:40
- Escrito por Carlos Meixide
O Burela está a só un paso do ascenso. Apenas queda a eliminatoria ao mellor de tres partidos ante o Martorell, para acadar por fin os soño do equipo da Mariña: o ascenso á máxima categoría do fútbol sala. Este venres pechou heroicamente a súa eliminatoria ante o complicadísimo Manzanares. Venceu en terras de Ciudad Real aos penaltis despois de que Juanma acadase o empate (2-2) cun gol a falta de minuto e medio.
Máis artigos
- Goleada e terceira praza para o Burela FSF
- O Burela sempre dá a cara nas grandes ocasións
- Un Everest diante do Lobelle
- A marea laranxa ao seu sétimo playoff
- O Ázkar celebra un ano máis en Primeira
- O Lobelle sofre pero amarra unha quinta praza que o cita co Segovia
- Pendentes da última xornada
- A salvación do Ázkar deberá agardar á derradeira xornada
- O Autos Lobelle cae ante Inter Movistar e dille adeus ao cuarto posto
- O Lobelle volve caer ante a súa besta negra
- A un paso da permanencia
- Un Burela con baixas recupera a esperanza e o sorriso ante o Barça B



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede