O Dépor vence e sae do descenso grazas á vitoria do Athletic en Zaragoza
- Detalles
- Categoría: Fútbol
- Publicado o Domingo, 19 May 2013 19:46
- Escrito por Carlos Meixide
Disculpen se para redactar esta crónica tiven que papar dous partidos, pero é que ata que o árbitro Del Cerro Grande (chámase así) non pitou o final na Romareda do Zaragoza-Athletic de Bilbao, non podiamos coñecer de todo o verdadeiro alcance da vitoria do Deportivo en Riazor ante o Espanyol, nunha data senlleira ante o mesmo rival co que outro 19 de maio de hai 13 anos o Dépor se proclamara campión de Liga.
Virtualmente en Segunda
- Detalles
- Categoría: Fútbol
- Publicado o Domingo, 12 May 2013 20:26
- Escrito por Miguel Fernández
Hai que afacerse á idea. O Celta xa está ao bordo do abismo da Segunda División. As esperanzas esgotáronse e os últimos seis puntos en xogo para o equipo vigués semellan unha anécdota, un par de episodios residuais dunha temporada que foi correcta ao inicio e un desastre no seu último treito. A derrota contra o Betis (1-0), grazas ao gol de Rubén Castro, foi o epílogo a unha historia que se vía vir. Un equipo mal planificado, fichaxes que non marcaron as diferenzas, a mala xeira de resultados lonxe de Balaídos e unha xestión dos asuntos internos do vestiario manifestamente mellorable.
Sete partidos sen perder, catro partidos para sufrir...
- Detalles
- Categoría: Fútbol
- Publicado o Domingo, 05 May 2013 09:50
- Escrito por Carlos Meixide
Sete partidos nada menos leva xa sen perder este Dépor resucitado por Fernando Vázquez, sete partidos ante rivais de toda caste. Non parece un mal dato para un equipo que loita por eludir o descenso. Con todo, malia esas sete xornadas sen coñecer o amargo sabor da derrota, o Dépor segue a camiñar no arame. Talvez mañá volva ocupar postos de descenso, todo dependa do que faga o Zaragoza na Romareda ante o Rayo Vallecano. Quedan catro xornadas e moito aínda por sufrir.
A fraxilidade da defensa impide a vitoria do Deportivo ante o Betis
- Detalles
- Categoría: Fútbol
- Publicado o Luns, 29 Abril 2013 22:18
- Escrito por CGM
O que tal queda aínda na parte baixa da clasificación! Esta semana todos os implicados na loita pola permancencia agarráranse a unha táboa de salvación: Celta, Zaragoza e Granada gañaran a domicilio, polo que o partido de hoxe tiña para o Deportivo máis importancia aínda, se cadra, da que xa se presumía o pasado venres. Cumpría sumar ante o Betis e o Dépor sumou un puntiño (1-1), que sabe a pouco logo de que o Dépor se puxera por diante no marcador grazas a un gran comezo de partido e un golazo de Riki; que sabe a pouco vista a escandalosa fraxilidade da parella de centrais.
O Dépor perde folgos en Valladolid
- Detalles
- Categoría: Fútbol
- Publicado o Sábado, 11 May 2013 18:54
- Escrito por Carlos Meixide
O Dépor non mereceu gañar, se cadra tampouco mereceu perder en Zorrilla, ese campo maldito dende aquela semifinal de Copa do 87 no que un árbitro infame, Soriano Aladrén, frustrara o soño dun equipo de Segunda de xogar unha final de Copa. O 1-0 complícalle moito a permanencia ao Dépor de Fernándo Vázquez, que perdeu oito semanas despois. Non foi, en todo caso, sen a tradicional colaboración do árbitro, desta vez Mateu Lahoz, quen anulou un gol de Nélson Oliveira en posición legal a cinco minutos do final.
E Aspas salvou un punto
- Detalles
- Categoría: Fútbol
- Publicado o Sábado, 04 May 2013 08:17
- Escrito por Miguel Fernández
Menos mal, pensarían os seareiros do Celta ao baleirar Balaídos. Porque o punto que rescatou Aspas no minuto 84 de partido serve para manter algunha opción na loita pola permanencia. E máis, cando o seu rival, o Athletic de Bilbao, chegou a estragar ocasións tan claras na segunda metade que ese empate (1-1) sabe a vida. O gol de De Marcos, no primeiro tempo, fixo que o Celta tivese que adoptar unha actitude á desesperada.
O Celta aférrase a vivir en Primeira
- Detalles
- Categoría: Fútbol
- Publicado o Sábado, 27 Abril 2013 23:46
- Escrito por Miguel Fernández
Dúas vitorias consecutivas e o Celta segue vivo na loita por fuxir do descenso. Ese era o primeiro paso para remontar na clasificación e seguir aspirando para seguir sendo equipo de Primeira. O equipo vigués conseguiu un triunfo pola mínima (0-1) que era imprescindible. O gol do arxentino Augusto, na primeira metade do partido contra o Levante, convertese, ademais, na segunda vitoria do Celta por idéntico resultado lonxe de Balaídos.
Máis artigos
- Bermejo resucita ao Celta
- O Dépor segue as recomendacións de Arias Cañete e dáse unha ducha de auga fría ante o Athletic (1-1)
- Ás portas do inferno
- Un Dépor eufórico suma a cuarta vitoria seguida cunha goleada
- Pois si, talvez se poida
- Unha cabezada de Oubiña frea ao Barça
- Iago Aspas, trending topic
- Un ataque de pánico
- Era visto
- Goleados en Sevilla
- Tristeza non ten fin
- O Celta de Abel gaña a primeira final



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede