1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 21-05-2013 15:45

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Traxedia no Perjuret

En xullo de 1960 no col de Perjuret non quedou só a prometedora carreira deportiva de Roger Rivière: quedaron tamén as súas ganas de vivir. Destinado a ser o contendente natural de Anquetil, unha terrible caída deixouno paralítico e amargado para sempre.

Ler máis...

Traspaso de poderes

Paul Howard describe na súa biografía sobre Jacques Anquetil, moi axeitadamente titulada Sexo, mentiras e cinta para o manillar, unha anécdota que exemplifica o traspaso de poderes entre quen dominou o ciclismo nos sesenta e quen o faría nos setenta, ademais de debuxarnos aínda mellor a unha personaxe, Monsieur Crono, da que xa falamos hai quince días. O cambio de garda produciuse en 1969, cando Anquetil se retirou, deixándolle o camiño expedito ao brutal Eddy Merckx. Iso si, o vello quixo poñerlle o listón ben alto ao sucesor, mesmo fóra das estradas; Merckx, coma sempre, triunfou.

Ler máis...

Anquetil, o mago e o cabrito

Anquetil non caía demasiado ben. Pásalles a moitos campións. Repeinado, frío, elegante, vividor, picaflor desatado, peseteiro, borrachuzo pero con estilo... Á altura de 1964, con catro Tours, dous Giros, unha Vuelta, varias Paris-Niza e incontables criteriums ás costas, era o inimigo a bater por medio pelotón e unha proporción aínda maior de seareiros. Algo tería que ver a súa imaxe pública para que o prestixioso diario France Soir decidise publicar, nas vésperas da Volta a Francia daquel ano, a funesta predición dun tal mago Belline...

Ler máis...

Unha curda involuntaria

O ciclismo segue sendo aínda agora cousa fundamentalmente de brancos europeos, ou descendentes de europeos. Atopar no pelotón a un africano ou a un asiático segue sendo cousa rara, moitas veces un truco empregado polos equipos para conseguir puntos UCI que lles permitan competir nas grandes voltas valéndose do palmarés de corredores que participan en circuítos menos esixentes que o do vello continente.

Ler máis...

Unha de sprinters belgas

Dúas constatacións que emerxen cando se len historietas sobre o ciclismo en Bélxica: unha, que os corredores dese país son normalmente grandes sprinters; e dúas, que os belgas teñen unha capacidade enorme para levarse mal entre eles cando hai unha liña de meta por diante.

Ler máis...

Vamos, vamos, vamos...

Sei que é imposible dicir algo novo e facelo mellor do que xa se fixo sobre a historia de Tom Simpson, pero quen se resiste a contar outra vez un episodio tan dramático? A imaxe do campión británico morrendo sobre as pedras brancas do Mont Ventoux, en pleno Tour de Francia de 1967, mostra dúas caras que coexisten no ciclismo: dun lado, a do home comprometido coa súa profesión ata as últimas consecuencias, capaz de deixar a vida nunha cuneta por vencer o coloso alpino.

Ler máis...

O teixugo bébedo e o profesor borracho

Volve o outono e con el volven as bestas ao vestiario do Dioivo. Como é conveniente empezar forte, aquí vai unha de heroes do pedal por partida dobre: do pedal da bicicleta e tamén do que se apaña na taberna.

Ler máis...