O lalinense Pablo Cacheda, MVP da final do campionato de Europa sub-20 de balonmán
- Detalles
- Categoría: Balonmán
- Publicado o Luns, 16 Xullo 2012 12:31
- Escrito por Carlos Meixide
O deporte galego segue colleitando éxitos históricos en categoría xuvenil. Se o pasado xoves dabamos conta do ouro conseguido pola atleta de Ribeira, Ana Peleteiro, en triplo salto no Mundial xuvenil de atletismo que se disputou a pasada semana en Barcelona, hoxe cómpre salientar outro fito, o do xogador de balonmán de Lalín, Pablo Cacheda, proclamado MVP (xogador máis valioso), da final do Campionato de Europa sub-20 disputada onte en Turquía, na que a selección española saiu campiona ao derrotar a Croacia por un contundente 34-21.
O Balonmán Cangas xa é equipo de Asobal
- Detalles
- Categoría: Balonmán
- Publicado o Domingo, 27 May 2012 12:41
- Escrito por DIOIVO
O Gatañal explotou de alegría tras a vitoria 27-25 do seu equipo, o Balonmán Cangas, ante o Villa de Aranda. Os do Morrazo recuperan a categoría tras se impór ao equipo burgalés despois dun partido axustado, no que a defensa presionante do rival no segundo tempo complicoulle a vida aos de Víctor García 'Pillo' que chegaran a manexar unha cómoda renda 16-9, mediado o primeiro tempo. Nos últimos minutos, máis unha vez foron determinantes as paradas do porteiro Javi Santana para certificar a vitoria do equipo de Cangas, que se une ao Academia Octavio de Vigo na Liga Asobal.
O Academia Octavio certifica a súa permanencia na Liga Asobal
- Detalles
- Categoría: Balonmán
- Publicado o Domingo, 20 May 2012 21:39
- Escrito por DIOIVO
O Academia Octavio estará un ano máis na Liga ACB despois de empatar hoxe en Pamplona na cancha do Helvetia Anaitasuna por 26-26. Os vigueses precisaban sumar cando menos un punto despois do empate onte do seu inmediato perseguidor, o Balonmano Antequera, na cancha do xa descendido Puerto de Sagunto, tamén por 26-26. O Academia Octavio aproveitou os réditos da súa magnífica primeira volta.
O Octavio só resiste un tempo ante Ademar León
- Detalles
- Categoría: Balonmán
- Publicado o Mércores, 25 Abril 2012 21:42
- Escrito por DIOIVO
O Academia Octavio perdeu hoxe ante o Ademar León no Pabillón das Travesas por 21-30. O equipo galego mantivo a igualdade no primeiro tempo, ante un Ademar que reservou homes de cara ao seu partido da fin de semana de Liga de Campións. Con todo, no segundo tempo os galegos non puideron aguantar a calidade leonesa e a balanza acabouse inclinando do lado dos visitantes.
O Mecalia Atl. Guardés ascende á Primeira División do balonmán feminino
- Detalles
- Categoría: Balonmán
- Publicado o Sábado, 26 May 2012 14:35
- Escrito por DIOIVO
O Mecalia Atlético Guardés acadou onte o ascenso á maxima categoría do balonmán feminino español, ao vencer 20-24 en Valencia ao equipo do Valencia Aicequip. As galegas saíron a cancha sabedoras de que o triunfo certificaba matematicamente o ascenso logo da derrota sufrida polo seu principal rival: o Zuazo Barakaldo, ante o Asisa Málaga. Con todo, o Guardés tivo que nadar contra corrente a maior parte do partido, pois no primeiro tempo as levantinas puxeron terra de por medio no marcador (14-9 ao descanso). No segundo tempo, Marcial González e Elena Estévez ordenaron unha maior intensidade defensiva e iso permitiulles as galegas remontar até o 20-24 final.
O Xiria de Carballo, na elite do balonmán xuvenil español
- Detalles
- Categoría: Balonmán
- Publicado o Martes, 01 May 2012 08:52
- Escrito por DIOIVO
O Balonmán Xiria de Carballo, que vén de proclamarse campión de Galicia xuvenil o pasado mes de marzo, comezou con excelente pé na súa loita por conquerir o campionato de España. Impúxose na primeira fase, que se disputou en Carballo, ao Cuatro Rayas Valladolid, ao Bidasoa Irún e ao DOSA Salesianos Santander. Agora toca viaxe até Carboneras (Almería) para disputar a fase final.
O Academia Octavio perde con claridade ante o Barcelona
- Detalles
- Categoría: Balonmán
- Publicado o Martes, 17 Abril 2012 08:00
- Escrito por DIOIVO
O Barcelona foi un rival inalcanzable para o Academia Octavio, malia que os cataláns reservaron numerosos xogadores dado o seu partido do venres de cuartos de final da Liga de Campións ante o Copenhague. O resultado final (35-25) deixa clara a diferencia entre os dous equipos. O Academia Octavio segue sen coñecer a vitoria e recibe a vindeira semana outro dos equipos fortes da competición: Ademar León.
Máis artigos
- Actívanse as alarmas no Academia Octavio
- O Academia Octavio deixa escapar outro partido que tiña de cara
- O Xiria de Carballo proclámase campión galego xuvenil de balonmán
- Digna derrota do Academia Octavio ante o todopoderoso Atlético de Madrid
- O Academia Octavio perde un punto importante nas Travesas



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede