1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 22-05-2013 08:11

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

“A crítica é algo subxectivo”

Ser membro dun grupo pode non pasar de aí, subir ao escenario, cantar ou tocar un dos instrumentos e logo aproveitar a marea post-concerto. Non obstante, hai músicos que invisten tempo primeiro en vivir e tirar para diante e logo, se lles queda algo, invisten tempo en buscar nas raíces musicais no espazo que os rodea. Así nolo conta Alfonso Espiño, cantante do compostelano grupo Los Chavales, dj en locais compostelanos e agora no medio dunha investigación académica sobre aqueles grupos que houbera un día nas nosas xeografías e agora en moitos casos, nin son recordo.

Ler máis...

''Non sabemos nada da historia da música galega''

Julio Vilariño vive en Compostela. É DJ e crítico musical. Nestas dúas áreas de traballo ten cousas que dicir sen morder a lingua, cousa que ás veces lle pode dar máis dunha sorpresa. Falamos con el para que nos ofreza a súa visión sobre un panorama musical como o galego. Colaborador de publicacións e dentro de asociacións cidadás, ten ofrecido os seus puntos de vista de cara o público en conferencias que non deixaron indiferente a quen asistiu. 

Ler máis...

''Non podemos renegar das cousas que nos constrúen''

A creadora audiovisual Raquel Rei ten realizado traballos de denuncia e compromiso con diversas realidades do país, desde a especulación urbanística ata a vida dos inmigrantes en Galicia. Considérase migrante porque o é e porque o foi e tamén ve que compromiso e denuncia non poden ir separados.

Ler máis...

''Facer churros como Berlusconi non me interesa''

Manuel Outeirño fala nesta entrevista sobre o seu último traballo, unha compilación de traducións baixo o nome Globalización e imperialismo cultural. Recóllense neste libro unha lista de autores que ofrecen a súa visión sobre o fenómeno da golbalización e as súas consecuencias sobre o desenvolvemento da vida cotiá das persoas e das nacións. Unha entrevista breve pero que aclara algúns dos puntos fundamentais dese fenómeno transfronteirizo e de cales poden ser as súas consecuencias.

Ler máis...

'A nosa intención non é tocar mal adrede'

Os composteláns Ataque Escampe tocaron este sábado día dous de xuño na festa aniversario do Cineclube de Compostela. Nesta entrevista achégannos os seus puntos de vista sobre algunhas cuestións como a liberdade de creación, a militancia e o panorama da música no país. 

Ler máis...