Ben Brosnan: ''Os deportes gaélicos son moito máis ca deportes''
- Detalles
- Categoría: O Curruncho Gaélico
- Publicado o Sábado, 18 May 2013 10:21
- Escrito por Seánie McEvoy
Seánie McEvoy, heptuaxenario nativo de Wexford, ex-xogador de hurling e fútbol gaélico en Irlanda e Inglaterra, galego de adopción e vicepresidente de A Coruña Fillos de Breogán, entrevista a Ben Brosnan. Benji é unha das estrelas do All-Ireland. Trátase dun referente ofensivo do equipo de Wexford (foi segundo máximo anotador do campionato en 2011 e 'all star'). A entrevista está realizada do xeito típico en Irlanda, con preguntas para respostas máis ben breves en primeiro lugar (preguntas típicas na prensa deportiva irlandesa) e logo con preguntas para que o entrevistado poida expresarse un pouquiño máis.
A Selección Galega xogará en Bretaña en agosto
- Detalles
- Categoría: O Curruncho Gaélico
- Publicado o Venres, 10 May 2013 10:31
- Escrito por Wences G. Zapata
Este verán, a Selección Galega de fútbol gaélico, a única selección do noso país oficial a nivel internacional, volverá xogar. Será en Bretaña, concretamente en Lorient (An Oriant), a fin de semana do 10 e 11 de agosto, no marco do Festival Intercéltico, o máis importante da música celta, dedicado este ano a Asturias. Ademais, haberá non só partido do combinado masculino, senón que debutará o equipo feminino.
Os Gaels arrasan
- Detalles
- Categoría: O Curruncho Gaélico
- Publicado o Venres, 19 Abril 2013 10:24
- Escrito por Wences G. Zapata
O Torneo da Coruña do Campionato Ibérico de fútbol gaélico serviu para constatar o dominio dos Barcelona Gaels, tanto na competición masculina como na feminina. Os club catalán permanece invicto este ano logo dos partidos do día 13 de abril en Acea de Ama. Dende o 2009 en homes e dende o 2008 en mulleres, os Gaels non conquistaron a liga ibérica. Mais, á falta de dous torneos (Barcelona e Madrid), todo apunta a que este ano volverán a levantar a copa ó final da tempada.
Carlos Seco, nomeado seleccionador nacional
- Detalles
- Categoría: O Curruncho Gaélico
- Publicado o Mércores, 24 Abril 2013 16:49
- Escrito por Wences G. Zapata
A familia gaélica galega ten claro quen debe levar as rendas da Selección. Como presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, propuxen aos meus compañeiros na directiva o nome de Carlos Seco González, adestrador dos Fillos de Breogán, para ser nomeado seleccionador nacional. Non era unha proposta arriscada, pois Carlos xa exercera de seleccionador no encontro ante Bretaña do verán pasado
Iberia en xogo
- Detalles
- Categoría: O Curruncho Gaélico
- Publicado o Venres, 12 Abril 2013 07:06
- Escrito por Wences G. Zapata
A Coruña volverá ser a capital ibérica do fútbol gaélico por un día. Será o sábado 13 de abril de 2013, concretamente no Complexo Deportivo de Acea de Ama, en Culleredo, que acollerá o Torneo da Coruña do Campionato Ibérico, segunda proba da tempada. Sete equipos masculinos e catro femininos participarán neste evento, que ten lugar nuns días de parón da Liga Galega de sete contra sete.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede