1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 21-05-2013 15:45

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

A primeira sorpresa

Dinamarca deu a primeira sorpresa da Eurocopa ao derrotar a Holanda grazas a un gol no minuto 24 do xogador do Brondby Michael Krohn-Deli. Holanda foi superior todo o partido pero incapaz de facer gol. O árbitro esloveno Damir Skomina non indicou un claro penalti a prol de Holanda por mans de Jakobsen dentro da área no treito final do partido. Os holandeses xóganse todo a vindeira xornada ante a potente Alemaña.

Ler máis...

Rusia presenta a súa candidatura

Rusia goleou 4-1 á República Checa e xa manda en solitario no Grupo I. O equipo de Dick Advocaat deun un recital de xogo ofensivo e demostrou que é unha das favoritas para o título. Marcaron Dzagoev por dúas veces, Shírokov e Pavlyuchenko. Por parte dos checos marcou o gol da honra Pilar. A República Checa apenas ameazou a porta de Malafeev nos dez primeiros minutos de partido. 

Ler máis...

'La Roja' xa causa estragos no partido inaugural

O árbitro español Velasco Carballo estivo a piques de estragar o partido inaugural da Eurocopa despois de expulsar ao central grego Papastothopoulos no primeiro tempo do partido por dúas accións que non eran merecedoras de cartón. Máis tarde non apitou un penalti calro a prol dos helenos. Malia todo os gregos reaxiron con bravura e Salpingidis conseguiu empatar o gol inicial de Lewandoski. Karagounis errou un penalti a vinte minutos do final. 

Ler máis...