1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 08:34

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Os 'pequeñitos' levaron a festa ao 'país dos ananos'

Dos vintedous, perdón, vintetrés, que hoxe saíron ao céspede do Estadio de Kiev talvez o que naceu máis perto do noso país sexa o árbitro, e posiblemente de todos eles o que mellor fala o noso idioma. Porque galegos en Kiev había un cando menos, si, no palco, a carón de Viktor Yanúkovich, pero ese, o galego digo, non Yanúkovich, falar falar moi ben non o fala, que eu saiba, porque nunca llo oín falar. 

Ler máis...

A Italia de Pirlo xa está na final

Italia será o rival de España na final da Eurocopa. Practicamente todo o mundo apostaba por unha reedición da final da última edición, entre España e Alemaña, mais a tradición impúxose, a tradición que nunca permite a repetición dunha final, a poibilidade de revancha (Italia 2-Alemaña 1). Por iso, España terá que procurar ser campiona ante a selección coa que se estreou na Eurocopa, a Italia de Prandelli que está a facer un campionato espectacular con Andrea Pirlo como director de orquestra.

Ler máis...

De Panenka á arte do 'pirlipirloque'

Italia derrotou aos penaltis a Inglaterra nos cuartos da Eurocopa. Despois dun empate 0-0 no tempo regulamentario máis prórroga no que Italia mereceu moito máis co seu rival, o equipo de Prandelli resolveu a eliminatoria aos penaltis. Andrea Pirlo marabillou a todos coa súa execución ao estilo Panenka. Facemos un pouquiño de memoria sobre este modelo de eecución que inda hoxe non deixa de sorprender.

Ler máis...

Rajoy xa ten a súa final

España é a primeira finalista da Eurocopa despois de derrotar onte en Dontsk, nas semifinais, á selección de Portugal. O partido rematou 0-0 e nos penaltis Cesc Fábregas transformou a máxima penalidade que lle deu a vitoria aos españois. Durante o tempo regulamentario, o partido foi moi igualado e Portugal soubo anular á perfección o xogo combinativo dos españois, fisicamente moi esixidos. 

Ler máis...

Alemaña non tivo piedade de Grecia

Alemaña venceu a Grecia 4-2 no partido de cuartos de final da Eurocopa disputado no Arena Gdans, da cidade polaca de Gdansk, á beira do Báltico. Marcaron para Alemaña Lahm, Khedira, Klose e Reus. Por Grecia fíxérono Samaras e Salpingidis, este de penalti. A selección alemana xa agarda polo seu rival nas semifinais do torneo. Coñecerase mañá domingo tras o partido que enfronta a Italia e Inglaterra. 

Ler máis...