1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 21-05-2013 15:45

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Balcanizándochevosnos (e III)

Na última entrega sobre o estereotipo da balcanización nos medios políticos e comunicativos españois, Jairo Dorado analiza a situación lingüística na ex Iugoslavia e as semellanzas e diferenzas co conflicto da lingua na Galiza. Botando man dun vello graffiti vigués, "Eslovenia somos nós", o artigo deita luz sobre a complexa realidade lingüística dos Balcáns, con diferentes prismas segundo o territorio xa presentes na antiga federación.

Ler máis...

Balcanizándochevosnos (II)

Segunda entrega da serie de artigos sobre o concepto de balcanización aplicado ao estado español que Jose María Aznar, entre outros, popularizou na escena política e mediática española durante o seu goberno. Jairo Dorado analiza a propia aplicación do termo no espazo territorial da antiga Iugoslavia e a súa traslación posterior á realidade española, desvelando a manipulación ideolóxica nesgada que dá pe a este peculiar xogo de linguaxe.

Ler máis...

Kuntakinta en Albania

Nunha nova entrega da súa saga balcánica, Jairo Dorado achéganos a outro estereotipo nacional, o dos albaneses, baixo a premisa de como a revolución dixital muda a nosa percepción da realidade. Albania, outra das nacionalidades que conforman o subconsciente de Europa, a célebre descrición dos Balcáns de Slavoj Žižek, é percibida como un pobo atrasado e dramáticamente ancorado no pasado, o lugar do que ninguén quere ser na zona máis quente de Europa.

Ler máis...

Balcanizándochevosnos (I)

Nunha primeira entrega dunha serie de tres artigos, Jairo Dorado analiza a percepción dos Balcáns desde a comunicación social española, e a deturpación informativa do conflito balcánico agochada tras os propios prexuízos sobre as cuestións nacionais no interior do estado español. O xogo de semellanzas e diferencias entre unha realidade e outra, entronizado polos xornais e comunicadores españois desde a crise do estado iugoslavo nos anos noventa, revela máis os temores propios que unha visión minimamente xusta da situación no espazo balcánico.

Ler máis...

Iugosaudade

Jairo Dorado achéganos ao Primeiro de Maio na ex Iugoslavia, onde en paralelo coa Östalgie -a nostalxia do sistema comunista en certas repúblicas do Leste-, o fenómeno da "jugonostalgija" é partillado por vellos e novos nunha proporción acaso sorprendente para mentalidades occidentais. O churrasco é, con todo, a gran tradición do día dos traballadores e a crónica aproveita para acompañar a reflexión social e política da gabanza excelente do año ao espeto de Jablanica.

Ler máis...