Traxedia no Perjuret
- Detalles
- Categoría: Bestiario do vestiario
- Publicado o Mércores, 08 May 2013 06:54
- Escrito por Martiño Suárez
En xullo de 1960 no col de Perjuret non quedou só a prometedora carreira deportiva de Roger Rivière: quedaron tamén as súas ganas de vivir. Destinado a ser o contendente natural de Anquetil, unha terrible caída deixouno paralítico e amargado para sempre.
Traspaso de poderes
- Detalles
- Categoría: Bestiario do vestiario
- Publicado o Xoves, 02 May 2013 06:42
- Escrito por Martiño Suárez
Paul Howard describe na súa biografía sobre Jacques Anquetil, moi axeitadamente titulada Sexo, mentiras e cinta para o manillar, unha anécdota que exemplifica o traspaso de poderes entre quen dominou o ciclismo nos sesenta e quen o faría nos setenta, ademais de debuxarnos aínda mellor a unha personaxe, Monsieur Crono, da que xa falamos hai quince días. O cambio de garda produciuse en 1969, cando Anquetil se retirou, deixándolle o camiño expedito ao brutal Eddy Merckx. Iso si, o vello quixo poñerlle o listón ben alto ao sucesor, mesmo fóra das estradas; Merckx, coma sempre, triunfou.
Anquetil, o mago e o cabrito
- Detalles
- Categoría: Bestiario do vestiario
- Publicado o Mércores, 17 Abril 2013 09:38
- Escrito por Martiño Suárez
Anquetil non caía demasiado ben. Pásalles a moitos campións. Repeinado, frío, elegante, vividor, picaflor desatado, peseteiro, borrachuzo pero con estilo... Á altura de 1964, con catro Tours, dous Giros, unha Vuelta, varias Paris-Niza e incontables criteriums ás costas, era o inimigo a bater por medio pelotón e unha proporción aínda maior de seareiros. Algo tería que ver a súa imaxe pública para que o prestixioso diario France Soir decidise publicar, nas vésperas da Volta a Francia daquel ano, a funesta predición dun tal mago Belline...
Unha de sprinters belgas
- Detalles
- Categoría: Bestiario do vestiario
- Publicado o Mércores, 24 Abril 2013 06:45
- Escrito por Martiño Suárez
Dúas constatacións que emerxen cando se len historietas sobre o ciclismo en Bélxica: unha, que os corredores dese país son normalmente grandes sprinters; e dúas, que os belgas teñen unha capacidade enorme para levarse mal entre eles cando hai unha liña de meta por diante.
Sabio e seareiro
- Detalles
- Categoría: Bestiario do vestiario
- Publicado o Mércores, 03 Abril 2013 07:44
- Escrito por Martiño Suárez
Aos fans dos cómics e das películas derivadas soaranlles os éforos. 300, de Frank Miller, retrátaos como unha especie de monxes de carnes podres, lascivos e peseteiros, que viven na cima dun monte e que lle fan a vida imposible ao anabolizado Leónidas.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede