1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 21-05-2013 15:45

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Os Heat favoritos mentres ninguén diga o contrario

Despois dunha xornada marcada na NBA pola destitucion de Avery Johnson como técnico dos Brooklyn Nets, a emocionante vitoria de Oklahoma sobre Dallas Mavericks logo dunha prórroga e da décimoquinta vitoria consecutiva de Los Angeles Clippers, desta volta unha malleira a uns coitados Boston Celtics...analizamos a traxectoria durante esta tempada dos cinco equipos da Conferencia Sueste.

Ler máis...

Os Milwaukee Bucks cheiran a frescura

Hoxe toca facer repaso da traxectoria dos equipos da División Central, na Conferencia Leste. Por certo, esta madrugada debería terse disputado un Chicago Bulls-Indiana Pacers que foi aprazado por mor das tormentas de neve e vento que están a azoutar os Estados Unidos. Si xogaron Milwaukee Bucks e Cleveland Cavaliers, con senllas vitorias ante Brooklyn e Washington. Pola súa banda, Detroit Pistons caeu en Atlanta logo dun vibrante partido resolto na segunda prórroga. 

Ler máis...

Algúns apuntamentos da semana

Repasamos o mellor da semana na NBA. Destacamos o bo comezo de tempada de xogadores como Anderson Varejao, Kyrie Irving ou Jrue Holiday; ou de equipos como Los Ánxeles Clippers e Memphis Grizzlies. Comentamos tamén como non podía ser doutra maneira, a fichaxe de Mike D´Antoni polos Lakers.

Ler máis...

Os Knicks, único aspirante serio no Leste

Xa levamos aproximadamente un tercio de competición na Liga Regular da NBA, abondo como para adiviñar que equipos estarán loitando ata o final por desbancar aos Heat da súa actual condición de campións. Durante estes días analizaremos o que está a ser a traxectoria de cada unha das franquías. Comezamos hoxe polas cinco da Atlantic Division.

Ler máis...

Uns Knicks moi maduros

Estraña tempada esta no mundo do deporte. O Atlético de Madrid é segundo na Liga e New York Knicks un dos mellores equipos da NBA. Certo que van só tres xornadas, pero os de Manhattan suman tres vitorias contundentes que lles serven para igualar o seu mellor comezo de tempada dende a 1999-2000, cando viñan de disputar as súas últimas finais da NBA. Eran aqueles os Knicks de Patrick Ewing, Allan Houston, Latrell Sprewell, Marcus Camby… co gran Jeff Van Gundy no banco.

Ler máis...