1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 21-05-2013 15:45

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Terra da Fraternidade lanza unha campaña en Verkami para publicar un disco co concerto a Zeca

  Co gallo do 40 aniversario da estrea de Grândola no Burgo das Nacións, celebrouse o pasado 10 de maio un concerto homenaxe  de maio no Auditorio de Galiza. Os seus organizadores queren que esa celebración sexa o "comezo de algo máis". Ante o éxito tanto en cantidade como en calidade do evento, e a gran comunión e sinerxias despertadas entre público e artistas, queren inmortalizar todo o acontecido coa gravación dun disco nos Estudos A Ponte e nos estudos Amil. O disco levará o mesmo nome:  Terra da Fraternidade.Con ese obxectivo, lanzan unha campaña en Verkami.

Ademais queren facer un documental das relacións de Galiza e o Zeca, tamén do mesmo nome. Os organizadores lembran que a pesar do cheo, o evento" foi deficitario, dado os altos custes do Concello (máis de 3000 euros), Servinova (400 euros e 1,5 por cliente), e a SGAE (un 10% da taquilla)". Na web do proxecto www.terradafraternidade.com hai máis información de todo.