“O festivo das Letras Galegas foi un golpe tremendo para o libro galego”
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Domingo, 04 Marzo 2012 20:33
- Escrito por Alberto Ramos
O libreiro Xesús Couceiro resucitao histórico selo Edicións do Cerne ao publicar en menos de dous anos preto de 80 títulos. Trátanse todos de facsimilares. No último ano, Couceiro editou corenta obras e nos próximos meses pensa saca outras tantas. A cifra impresiona nestes tempos de recesión xeral e tamén para o sector que, segundo Couceiro, quedou ferido por decisións como o sistema de subvencións ou a festividade das Letras Galegas. Ademais, Couceiro recibirá o venres o premio da Asociación de Editores Galegos (AGE)
Círculo Poético Aberto edita un libro de textos dos seus participantes
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Domingo, 04 Marzo 2012 16:06
- Escrito por Montse Dopico
Penúltimo Acto, un dos colectivos literarios máis activos do país nos últimos anos, reuniu nun libro, '18', textos de creadores que participaron, desde o 2010, no 'Círculo poético aberto', o encontro que, unha vez ao mes celebra no Café Uf de Vigo.
Sharpe's Rifles: un best-seller inglés sobre a Guerra da Independencia en Galicia
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Xoves, 01 Marzo 2012 00:00
- Escrito por Xavier Queipo
Foi no aeroporto de Manchester, un domingo pola noite. Nada que ler, unha hora de espera polo atraso do avión e daquela entrar nun quiosco libraría (xa saben chocolates, xornais, caramelos, libros de autoaxuda, recordos absurdos, revistas de todo tipo e ás veces tabaco) cunha sección de libros unha chisca máis grande que o habitual nas tendas do mesmo estilo. Entón paseando a ollada por unha sección de novelas baratas din coa colección completa das aventuras de Richard Sharpe. Prosa livián, pensei
”Hai motivos abondos que convidan a ampliar a presenza de Dickens na nosa língua”
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Domingo, 26 Febreiro 2012 16:59
- Escrito por Carlos Meixide
O editor e tradutor Moisés Barcia, quen fora o primeiro tradutor á nosa língua da mítica novela 'Oliver Twist', súmase ao bicentenario de Charles Dickens agasallándonos cunha tradución por entregas de Grandes Esperanzas. O resultado pódese seguir cada día no blog anodickens.blogspot.com. Entrevistámos a Moisés na súa editorial en Cangas do Morrazo para que nos conte as características deste proxecto singular e para coñecer un pouco máis sobre Charles Dickens da man do seu principal tradutor ao galego.
“Quero crer que non existe un manual establecido de como sermos galegos”
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Xoves, 01 Marzo 2012 09:00
- Escrito por Montse Dopico
'Crac', de Gonzalo Hermo, é sen dúbida unha das mellores noticias da poesía galega recente. O seu autor achéganos a este libro, no que tenta colocarse "do lado feble da balanza'.
“O obxectivo é que os rapaces de 15 anos flipen con Celso Emilio”
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Domingo, 26 Febreiro 2012 19:47
- Escrito por Carlos Meixide
O colectivo celanovés Arraianos sumouse, dende o principio deste 2012, ao centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro coa edición dun extraordinario monográfico que repasa da man de prestixiosos colaboradores, e coa publicación de abondoso material inédito, a vida e obra do poeta. Entrevistamos a Aser Álvarez, o coordenador deste monográfico, e falamos de Celso Emilio, do libro, e dos próximos proxectos. Aser insiste na necesidade de transmitirlles os máis novos a contemporaneidade da obra do celanovés.
Celso Emilio fai cen anos
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Sábado, 25 Febreiro 2012 10:48
- Escrito por Aser Álvarez
"Verdes estrelas, fogueiras ou muxicas: vagalumes todos que se han de apagar. Mais o lume que alampea, endexamais o veredes morto". Estes versos cicelados no epitafio de Celso Emilio no cemiterio de Celanova, resumen ben o espírito que do poeta rescata o colectivo Arraianos, que co seu esforzo de recuperación da memoria e da cultura do país, teima por manter o facho aceso. Aser Álvarez, coordenador de monográfico sobre Celso Emilio Ferreiro, ofrécenos a súa semblanza persoal da figura senlleira do poeta celanovés.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede