1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 21-05-2013 15:45

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Séchu Sende: ''Sempre serei 'yo' en certa maneira''

 Séchu Sende veu publicado o seu libro "Viagem ao Curdistam" logo do percorrido que fixo por aquel país. Un intercambio entre dúas realidades sociais e lingüísticas tan diferentes pero tan semellantes. Mantivemos unha conversa con el para falar do libro pero tamén doutros elementos que compoñen a vida e obra deste autor.

Ler máis...

''Confiar o futuro a alguén cada catro anos só é un rito democrático, non leva a ningures''

 Diego Ameixeras (Lausanne, Suíza, 1976) vén de publicar en Xerais a súa nova novela, Todo OK. Nesta ocasión, o autor de Dime algo sucio ou Asasinato no Consello Nacional, escolleu un feito real para recrear a loita pola supervivencia social dun personaxe ficticio. O suceso elixido por Ameixeiras é unha operación de narcotráfico fracasada, que rematou nun episodio un chisco absurdo no momento en que a Garda Civil atopou un submarino abandonado en plena Ría de Vigo.

Ler máis...

''Amancio Ortega non é exemplo ético de nada. Quen teña cartos que faga algo polo país!''

Marcos Calveiro vén de gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra Palabras de auga. Dioivo aproveita a oportunidade para falar co escritor nunha longa entrevista na que se trata o seu libro, pero tamén a literatura infantoxuvenil, a crise, a cultura e mesmo a Rafa Nadal e os seus reloxos. 

Ler máis...

Xosé Luís Regueira ingresará o vindeiro 2 de xuño na RAG

 O acto de recepción terá lugar na sede da Real Academia Galega e Manolo González lerá a resposta. Regueira pronunciará un discurso titulado 'Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI'

Ler máis...

Samuel Solleiro: ''Trato de ser feliz, aínda que escriba cousas chungas''

Samuel Solleiro, tudense afincado en Le Mans, é o autor de Gran tiburón branco, un libro formado por un conxunto de relatos ben variados por diferentes entre eles e por que ademais, un deses relatos é visual. Se con DZ, o libro do esperma, Solleiro fixo un exercizo creativo que sorprendeu a moitos, sobre todo os máis achegados, Gran tiburón branco mostra a aleta caudal nas augas do panorama creativo galego nun momento onde o cultural, social, político e económico son terreos hoxe en día que semellan afundir baixo os nosos pés.

Ler máis...

Homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz

A plataforma cidadá ProLingua, plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega, organiza unha homenaxe nacional ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz. Terá lugar o vindeiro sábado 30 de xuño en Vigo. O acto comezará ás 12:30 no Auditorio Social de Caixanova e será conducido pola escritora Rosa Aneiros. Posteriormente haberá un xantar no Restaurante Carrís da cidade olívica para 250 persoas. O prezo por cada comensal será de 40 euros.

Ler máis...

''Non nos instalemos na cultura tóxica das subvencións. Non a queremos''

A Feira do Libro de Santiago abre a súa 31ª edición con homenaxe a Isla Couto e cun pregón de "optimismo" de Víctor Freixanes, quen pediu unidade ao sector e altura de miras ás administracións. "As políticas de recortes só nos levan o fracaso", sentenciou o escritor e director de galaxia na súa intervención ante o público e o secretario xeral técnico da Consellería de Educación e Cultura, Xesús Oitavén. 

Ler máis...