“No cine, cómpre ter unha fe absoluta no proxecto”
- Detalles
- Categoría: Fotogramas
- Publicado o Domingo, 31 Marzo 2013 10:20
- Escrito por María X. Varela Liñares
Liberdade artística, espírito de equipo, desfrute do proceso creativo e unha visión ética do traballo. Estes son algúns dos alicerces sobre os que cimenta as súas creacións o director e actor teatral Carlos Álvarez-Ossorio, que presentará o vindeiro 4 de maio o filme « Fragmentos de Brand » no Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña. O director, de orixe andaluza pero establecido en Compostela, traballou, xunto co seu equipo, durante tres anos para sacar adiante este proxecto, enteiramente autofinanciado, froito dunha paixón compartida.
Albert Maysles,lenda do cinema directo, visitará PLAY-DOC
- Detalles
- Categoría: Fotogramas
- Publicado o Venres, 08 Febreiro 2013 12:26
- Escrito por DIOIVO
A próxima edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui (13-17 de marzo) prepárase para acoller outra lenda viva do cinema de non ficción: o realizador norteamericano Albert Maysles. Albert foi, xunto ao seu irmán David (1932-1987), un dos pioneiros e máximos expoñentes do cinema directo.
Presentada unha nova edición de Cineuropa con especial protagonismo do cinema portugués
- Detalles
- Categoría: Fotogramas
- Publicado o Martes, 06 Novembro 2012 14:18
- Escrito por DIOIVO
Como cada mes de novembro volve o Festival de cine Cineuropa a Santiago de Compostela. Neste 2012 cúmprese a vixésimo sexta edición, que se celebrará entre o 8 e o 30 de novembro.
'Arrugas' nominada aos Premios do Cine Europeo
- Detalles
- Categoría: Fotogramas
- Publicado o Martes, 18 Setembro 2012 10:42
- Escrito por Dioivo
A película Arrugas, da produtora galega Perro Verde Films, foi nominada aos Premios do Cine Europeo na categoría de mellor filme de animación, segundo vén de anunciar a European Film Academy. A entrega de premios terá lugar o 1 de decembro en Malta.
'O quinto evanxeo de Gaspar Hauser', de Alberto Gracia, premio FIPRESCI no Festival de Rotterdam
- Detalles
- Categoría: Fotogramas
- Publicado o Sábado, 02 Febreiro 2013 11:09
- Escrito por Dioivo
O filme galego 'O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser', do director ferrolán Alberto Gracia, acaba de colleitar un importante premio: o FIPRESCI (Fédération International de la Presse Cinématographique) do prestixioso Festival de Rotterdam (Holanda). Ao premio optaban dezanove estreas mundiais presentadas ao certame dentro da sección Bright Future. O xurado estaba conformado polos críticos Diego Lerer (Arxentina), Robert Koehler (Estados Unidos), Ronald Rovers (Holanda) e Boris Nelepo (Rusia).
O Ministerio de Cultura retíralle o apoio económico ao Festival de Cans
- Detalles
- Categoría: Fotogramas
- Publicado o Mércores, 17 Outubro 2012 11:03
- Escrito por Dioivo
O Festival de Cans levou onte un duro golpe despois de coñecer que o Ministerio de Cultura do Goberno de España lle retira a axuda económica á organización do Festival. Segundo a resolución publicada onte no BOE, o Festival queda fóra das axudas ao non acadar a puntuación mínima. Se o ano pasado o Festival recibiu unha axuda de 10.000 euros do Ministerio, na vindeira edición o Festival verá recortado o seu orzamento anual, cando menos, nun 12%.
A primeira vez
- Detalles
- Categoría: Fotogramas
- Publicado o Martes, 11 Setembro 2012 09:30
- Escrito por Carlos Meixide
Varios personaxes coñecidos da cultura galega rememoran a súa primeira vez, a primeira vez que acudiron a unha sala de cine para deixarse embriagar pola maxia da pantalla grande. Que película supón a súa primiera lembranza estritamente cinematográfica?
Máis artigos
- ''Non podemos renegar das cousas que nos constrúen''
- Chamamento para crear unha plataforma en defensa das axudas de talento
- Dos Fragmentos/Eva, de Ángel Santos, estréase en Galicia este sábado no CGAI
- Michael Nyman abre co cine-concerto de 'O Home da Cámara' a terceira edición do (S)8
- “Sempre tirei cara ao cine de xénero cunha segunda lectura menos de 'palomitas”
- 'Producir en tempos revoltos', o gran debate do audiovisual galego
- 'Reciclar a carraxe'
- ElectroClass, de María Ruído: achegamento á postclase traballadora
- Os Premios Mestre Mateo recoñecen mañá o talento do sector audivisual galego
- Chega o Fast Forward Portugal-Film Festival
- Xurxo Chirro vence no Play-Doc
- “En España non se sabe o que é o documental“



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede