1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 22-05-2013 08:11

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

Aquí Roberto Vidal Bolaño, aquí o pobo, aquí un inimigo

Nunca, dun xeito tan radical e contemporáneo, abanearan, como están a abanear por obra e graza de Roberto Vidal Bolaño, os vimbios da celebración do 17 de maio. A oficialidade -Feijóo e a súa desacomplexada cuadrilla de demoledores da nación- asiste incómoda pero xa sen carauta, coa cara descuberta, aos lugares nos que deben escenificar […]

Juárez, o negacionista (ou os escraches á dignidade)

Postos a deitar argumentos inconsistentes vou con un. Núñez Feijóo é igual ca Isabel Pantoja porque os dous usan lentes de sol Ray-Ban. Máis cousas en común: moitos espectadores do Luar son seareiros das súas actuacións, os dous teñen amizades perigosas, nin un nin outra teñen pelo no peito, e os dous din en México […]

O que sei de Carlos

Coñezo a Carlos Calvo dese xeito osmótico no que se coñece á xente en Santiago. Sabemos quen somos aínda que non medien as presentacións. Temos amigos comúns, coincidimos nos mesmos lugares e, en moitos casos, habitamos o mesmo país, porque xeografía hai unha pero países hai moitos. De Carlos Calvo sei ademáis que é xornalista, […]

A aterraxe forzosa de Pedro Almodóvar

INANE, adx. Que carece de valor, interese, transcendencia ou importancia. cf. banal, insubstancial, inútil, trivial, van, vacuo. Inane é un cualificativo un pouco pedante e feo, pero confeso que se me  instalou na cabeza durante toda a metraxe de Los amantes pasajeros, a nova película de Pedro Almodóvar. Evitei ler as críticas da estrea, maiormente […]

Aurelia contra os térmites (Eloxio do corpo a corpo)

Si yo pudiera, mocito,/ese trato se cerraba./Pero yo ya no soy yo./Ni mi casa es ya mi casa (García Lorca) Ás veces paréceme que o tempo de hoxe -inzado de desconcerto e poucas seguranzas- quixera desmentir o paradigma do presente, que é a virtualidade. A crise, ao meu ver, xa a puxo en cuestión. Hai […]